Skip to Content

Presentación inicio de curso 2022/2023

O próximo día 8 de setembro comezan as clases en todas as etapas educativas. Este primeiro día haberá unha pequena presentación cas novidades para este curso 2022/23. Ás 9:00, unha vez que cheguen os autobuses dividirémonos nos dous patios. No patio cuberto estará infantil e primaria onde agardarán a presentación e no patio descuberto será a presentación de secundaria.

Se alguén non pode asistir será informado nos vindeiros días das novidades.

 

Atentamente

 

O equipo directivo



story | by Dr. Radut