Skip to Content

Do 1 ao 20 de marzo está aberto o prazo de admisión para o curso 2023/2024.

Do 1 ao 20 de marzo está aberto o prazo de admisión para o curso 2023/2024.

Non te esquezas de nós e ven coñecernos!

Contamos con:

  • Novas instalacións con multitude de espazos (aula sensorial, rocódromo, taller de tecnoloxía e educación artística, aula de música, aula de psicomotricidade, laboratorio, aula de informática, aula de inglés...).

  • Unha biblioteca renovada con espazos creativos (robótica, costura, creación de chapas...), asentos informais, ordenadores, xogos de habilidade mental e unha ampla colección de libros de consulta e ficción. A biblioteca é o centro de referencia da aprendizaxe do alumnado (enlace ao blog: https://bibliopadrenda.blogspot.com/ ).

  • Pouco alumnado nas aulas o que nos permite unha atención educativa máis personalizada.

  • Un departamento de orientación con especialistas en psicoloxía, psicopedagoxía e pedagoxía terapéutica.

  • Aulas de educación especial en primaria e secundaria.

  • Comedor con cociñeiras e transporte escolar que accede directamente ao interior do patio.

  • Ao ser un CPI existe continuidade no proceso formativo dende infantil ata a ESO, no mesmo edificio, nun ambiente familiar e seguro.

  • Un profesorado implicado que traballa en equipo para a mellora e dinamización do centro e o proceso de ensino-aprendizaxe.

  • A potenciación do deporte durante todo o curso, tanto ao aire libre coma no pavillón, e con distintas saídas programadas dende o departamento de Educación Física (campionatos de fútbol e bádminton, andainas, campo a través...). Asemade, participamos no programa Xogade que da a oportunidade de practicar e competir cos clubs e colexios de toda a comunidade autónoma.

  • Un entorno idílico, no medio dunha paraxe natural, que permite unha educación medio ambiental contextualizada.

  • A participación en numerosos proxectos innovadores da Xunta e outros desenvoltos dende o centro coma poden ser:

    • Club de Ciencias: con actividades de robótica e experimentos científicos dentro do horario lectivo (enlace ao blog: https://clubdecienciaspadrenda.blogspot.com/?m=1 ).

    • ABN: empregado de forma complementaria ao método tradicional para unha mellor comprensión das matemáticas.

    • Programa de Habilidades Sociais: desenvólvese a través da titoría e procura unha mellor intelixencia emocional no alumnado.

    • PLAMBE: o seu obxectivo é a mellora progresiva da biblioteca do centro.

    • Eduexchanges: proxecto que busca a colaboración con outros sistemas educativos de países europeos para intercambios telemáticos co alumnado de alí. Realízase a partir da plataforma europea eTwinning. O pasado curso realizamos un intercambio con Letonia, e este curso grazas ao noso labor recibimos un selo de Calidade eTwinning pola súa excelencia (enlace ao blog do noso proxecto: https://rootsofeuropelatviagalicia.blogspot.com/ )

 

Do 1 ao 20 de marzo está aberto o prazo de admisión para o curso 2023/2024.
AdxuntoTamaño
WhatsApp Image 2023-03-15 at 11.16.49.jpeg38.09 KB
WhatsApp Image 2023-03-15 at 11.23.50.jpeg28.99 KB
WhatsApp Image 2023-03-15 at 11.23.49 (1).jpeg35.97 KB
WhatsApp Image 2023-03-15 at 11.19.17.jpeg44.51 KB
WhatsApp Image 2023-03-15 at 11.23.49.jpeg39.61 KB
WhatsApp Image 2023-03-15 at 11.16.10.jpeg39.4 KB
WhatsApp Image 2023-03-15 at 11.12.40.jpeg51.58 KB
WhatsApp Image 2023-03-15 at 11.12.32.jpeg46.37 KB
WhatsApp Image 2023-03-15 at 11.12.17.jpeg42.44 KB
WhatsApp Image 2023-03-15 at 11.11.29.jpeg24.44 KB
WhatsApp Image 2023-03-15 at 11.11.28.jpeg37.1 KB
WhatsApp Image 2023-03-15 at 11.10.38.jpeg32.91 KB
WhatsApp Image 2023-03-15 at 10.39.21.jpeg27.62 KB


image | by Dr. Radut