Actividades

Charla sobre as plantas aromáticas

 foto 1 foto2 foto 3

Este xoves Carmen Freire, que reside e traballa como agricultora no noso Concello, estivo no centro dando unha charla sobre as plantas aromáticas. Carmen é enxeñeira agrícola e tamén rematou os estudos de Enxeñería Forestal. As súas principais preocupacións son que Galicia manteña a súa soberanía alimentaria e que o mundo rural recupere a autoestima. Asemade realiza actividades de apoio á agricultura, á gandería e de preparación posterior á colleita.

Carmen estivo co alumnado de 5º, 6º e 1º de ESO case dúas sesións mostrándolles as propiedades culinarias e medicinais de moitas plantas que medran polos nosos agros e valos. Tamén lles ensinou a diferenciar algunhas delas polo seu recendo, polo sabor ou mesmo pola flor.

Moitas grazas Carmen, foi unha charla moi interesante e entretida.

 

Obradoiro Gominolas Sas

O alumnado de Infantil e 1º ciclo primaria participou nun obradoiro de elaboración de gominolas sas, a cargo da nosa veciña Carme Freire.Deixamosvos unha mostra

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer