Plástica e Visual

Obradoiro de papiroflexia

O pasado martes 16 de decembro o alumnado de 1º ESO realizou un taller de papiroflexia organizado polos departamentos de Plástica, Lingua Castelá e Matemáticas. Invitamos a unha experta neste tema, a profesora de matemáticas Teresa Otero.

Coas súas explicacións conseguimos facer varias cousas, un marcapáxinas, un cucurucho, un sólido xeométrico para facer un pendente (e que cremos non seriamos quen de facer!!), e unha boca manda bicos.

Mentres Teresa nos ía explicando como dobrar o papel, tamén nos ía ensinando as construcións xeométricas que estabamos facendo ao mesmo tempo: aprendimos así a recoñecer mediatrices, bisectrices, cadrados, triángulos, trapecios, e moitas outras cousas.

Tamén coñecemos os principais conceptos desta arte: as dobreces val e montaña, o mapa de enrugas, os bolsos e as lapelas, e moitos outros conceptos que son necesarios para logo poder ler un libro e facer nos as nosas propias construcións.

Pasamos unha tarde moi divertida, e iso que non chegamos a aprender como facer un avión de papel!

Podedes ver mais fotos no apartado do departamento de Plástica.

QUE FIXEMOS NA CATEDRAL E NO MUSEO

 

A LENDA

 

Antes de chegar a Santiago escoitamos a lenda de como chegaron os restos do corpo do Apóstolo Santiago ata Galicia e como foi a orixe da vila. Soupemos así da orixe do nome de Padrón, da existencia da Raíña Lupa e do bosque do Libredón. Tamén coñecimos algunhas das visicitudes que vivíron a cidade e a igrexa antes de se convertire en Catedral.

 

 

A CATEDRAL

 

Xa na Catedral, primeiro vimos algunhas cousas que hai nas fachadas de Azabacheria e Praterias, e despois demos unha volta polo interior da Catedral. Aprendemos cousas da arquitectura románica, coma qué son as marcas dos canteiros, cales son as bóvedas de crucería e cales as de cañón, como son os arcos de medio punto, para que sirven os contrafortes, a orientación das igrexas cristianas, a importancia da Capela da Corticela, o significado das imáxes que aparecen no Pórtico da Gloria, etc.

 

Tamén coñecemos outras cousas, como quén son os tiraboleiros, onde se atopa a Porta Santa, de onde ven a tradición dos Santo dos Croques, onde se atopa o Sepulcro do Apóstolo Santiago, qué hai nas catacumbas da Catedral, onde estaba o Coro de Pedra do Mestre Mateo e que se fixo con él, e moitas cousas mais.

 

 

O MUSEO

 

A visita guiada que nos fixeron estaba pensada coma unha especie de búsqueda de tesouro. Tivemos que dividirnos en grupos, e cada grupo tiña que buscar un cadro polas salas, que tivera unha serie de caraterísticas que a Guía nos expricaba. Desta forma atopamos os cadros de Picasso, Miró, Dali, Kandinsky e varios autores galegos, e comprendimos as peculiariedades de diferentes estilos artísticos.

 

 

No taier de escultura, tivemos que traballar en grupos para facer unha escultura con ocos, a imaxe dunha escultura moderna que se atopaba na sala. Solo tiñamos media hora para facela, e unha folla de cartulina negra, pero deunos tempo a todos e os resultados foron moi interesantes, coma se pode ver nas imaxes.

 

EXCURSIÓN A SANTIAGO DO DEPARTAMENTO DE PLÁSTICA

 O pasado xoves 20 de Novembro o alumnado de 1º e 2º da ESO fixo unha excursión a Santiago, co fin de coñecer algo mais a Catedral e facer unha visita guiada aos fondos artísticos da Fundación ABANCA.

 Na visita á Catedral nos dividimos en tres grupos, cada un dos cales levou coma guía a unha profesora, Céline, Perla ou Susana.

 Na visita ao Museo dividímonos en dous grupos, e mentras uns facían unha visita guiáda moi divertida, outros participaban nun taier de escultura.

 Para saber mais do que fixemos, e ver mais fotos, buscade no enlace do Departamento de Plástica.

 

O Grupo de 2º da ESO diante da Igrexa das Ánimas

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer