Ruta matemático-xeolóxica por Santiago e pinchos "científicos"

 

Como remate das actividades do Club de Ciencia na Secundaria, decidimos organizar un roteiro matemático-xeolóxico en Santiago de Compostela.

Foi todo un desafio, e descubrimento, percorrer as entrañas de Compostela á busca dos misterios matemáticos e xeolóxicos que nos poda ofrecer.

Deste xeito aprendimos por qué moitos dos edificios de Santiago son simétricos, cómo calcular a área dunha elipse nasw xanelas de San Martiño Pinario, por qué as catenarias das cadeas do Hostal dos Reis Católicos son mellores que os arcos de medio punto, cómo calcular a altura da Berenguela facendo uso dun espello e unha cinta métrica, ou cómo se usou a proporción aúrea nalguns dos elementos arquitectónicos do Cabildo de Santiago.

Pola súa parte, tamén estudamos a composición do granito nos edificios, que factores afectaban ao seu deterioro, por qué a fachada da catedral está máis deteriorada pola cara das Platerias, cómo se descubriu a procedencia do granito das estatuas do Pórtico da Gloria, ou por qué as pedras da Plaza de Mazarelos nos falan de cando se formou o panxea.

Para rematar a xornada, decidimos ir tomar uns pinchos ao campos universitario, ao mesmo tempo que debatiriamos sobre cómo  pode afectar a intelixencia artificial ás nosas vidas. Temos que confesar que a fame e os pinchos foron un duro rival incluso para a ciencia, polo que tivemos que deixar o debate científico para unha próxima ocasión.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer