Diversión cos foguetes de auga: A terceira lei de Newton

 

 

Se hai unha actividade científica que desperta  a creatividade e o espiritu de competición esa é a dos foguetes de auga.

E realmente pouco o que se necesita; a saber: botellas de auga ou refrescos de distintos tipos e tamaños, bombíns de bicicleta, válvulas de cámaras de bici, tapóns, algunha cartulina, cinta adhesiva, auga (por suposto), algún contrapeso como bolas de golf ou outro material, e por suposto moitísima creatividade.

A actrividade consiste en por en práctica a terceira lei de Newton ou principio de acción-reacción mediante a creación dun foguete propulsado por auga e aire comprimido, e mediante a aplicación do principio de proba e erro, atopar o deseño de foguete máis iodóneo que nos permitise acadar a máxima altura posible.

A creatividade e competitivade do alumnado, permitiunos acadar deseños que foron realmente eficaces e acadaron unha altura considerable.

Sen dúbida, unha actividade onde ainda poderemos experimentar novas concepcións co obxectivo de bater os records de altura acadados.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer