Estudando o peixe cebra (Danio rerio)

 

 

A cría de peixe cebra no laboratorio supón todo un desafio para o alumnado do Club de Ciencias. O interese do peixe cebra é que hoxe en día é moi usado como animal de laboratorio: é barato, fácil de criar, ten unha altísima capacidade de rexeneración de órganos, e pode usarse tanto para investigación como para testar medicamentos.

Para elo preparamos dous acuarios: un para estabular os adultos e outro para a cría. O ser peixes de augas quentes foi necesario mercar filtros, termostatos, así como alimento específico e todo o necesario para a cría. 

Todas as semanas renovabamos parte da auga, e mediamos os parámetros físico-químicos da auga para manter as condicións idóneas.

Para crialos separamos dous machos e unha femia para o tanque de cría, e mediante un temporizador controlamos o fotoperiodo para que a luz se apagase pola noite e se encendera as 8 da mañá, que é cando os machos estimulan á femia para por os ovos e fecundalos.

Tivemos moitísimos ovos, e como son transparentes poidemos seguir todo o proceso de desenvolvemento embrionario ata o nacemento das crías. As crías tamén se podían ver nos primeiros estadios por transparencia, polo que pudiemos ver como circulaba o sangue, a columna vertebral, o latexo de corazon, e as distintas estruturas do peixe. As crías as alimentamos con protozoos, dos que previamente prepararamos un cultivo aparte, así como con xema de ovo, e finalmente con alimento específico para alevíns.

Sen dúbida, toda unha grande aventura que nos fixo sentir como investigadores e que repetiremos para o próximo ano.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer