Reserva de praza para centros de Adscrición

Entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro de 2023, ámbolos dous incluídos, todo o alumnado que así o desexe, poderá presentar solicitude de reserva de praza para o curso 2023-2024, para o IES Macías o Namorado de Padrón, centro ao que está adscrito este colexio.

Toda a información: lexislación, prazos, tramitación, modelos de impresos, etc., esta a disposición dos interesados no seguinte enlace:

Procedemento ED550A sede electrónica

Para calquera dúbida, poderán chamar a este colexio 881.866.890, entre as 09:00 e as 14 horas, de luns a venres.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer