CELEBRACIÓN DO 8 MARZO – DIA DA MULLER

Debido as restriccións pola COVID, as Actividades que se organizaron para esta celebración foron as seguintes:

 

1- EXPOSICIÓN MULLERES DE ROIS 

O concello ofreceunos a exposición “Aloitadoras”. Fíxose unha selección de 10 mulleres, cos seguinte criterios: 

1º- que foran da contorna do Colexio. 2º-que foran alumnas ou ex-alumnas. 3º-que representaran diferentes xeracións de mulleres.

A exposición permanecerá montada no distribuidor do Edificio de Administración ata final do 2º trimestre, para que toda a comunidade educativa a poda visitar.

O Concello ofreceunos a maiores uns contos para o alumnado de Infantil e 1º ciclo Primaria relacionados coa exposición.

A Fotógrafa autora das imaxes tamén ofreceu a súa colaboración, e vai dar un taier fotográfico aos mais maiores.

A exposición completa pódese ver no enlace:

https://webrois2019.github.io/coneceterrasdeiria/Rois/mulleres/mulleres_de_rois.html#

 

2- EXPOSICIÓN SOBRE IGUALDADE

A Federación das ANPAS enviounos o resultado do concurso que organizaron o ano pasado coa temática de Igualdade. Está montado no recibidor do edificio de Administración.

 

3- UNIDADE DIDÁCTICA SOBRE CLARA CAMPOAMOR

Unha compeñaira do centro deseñou unha Unidade Didáctica para traballar a esta figura tan importante, xa que grazas a ela as mulleres conseguiron ver recoñecido o seu dereito ao voto por primeira vez na historia de España. 

Para traballar esta figura aportouse tamén unha película sobre a sua vida e un programa dos Lunnis para os mais cativos.

 

4- PELÍCULAS

Ademais da película de Clara Campoamor, ofreceuse para os mais maiores a película: “Rompiendo las normas”, que conta, en forma de comedia, o boicot feminista ao concurso de Miss Mundo que tivo lugar en Londres no 1970. Con esa escusa, a película presenta moitas das discriminacións que sufrían e seguemos a sufrir as mulleres no mundo.

 

5- MONTAXE CO CADRO DE MARUJA MALLO

Nalgunha aulas estiveron traballando o agradecemento as mulleres mais importantes na vida dos cativos, utilizando como fondo o cadro de Maruja Mallo “ A sorpresa do trigo”. Os resultados destes traballos expuséronse no corcho do Edificio de Administración.

 

Ainda que non se realizou unha actividade conxunta entre todo o profesorado e alumnado do centro,  a variedade das propostas permitiu que cada quen conmemorase esa data coma considerase mais adecuado.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer