ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2019-20. Folla 1
Esta é a proposta de actividades extraescolares ofrecidas pola Anpa para o vindeiro curso. Serán xestionadas pola empresa Actex (Actividades Lúdicas de Galicia), excepto as piscinas de Brión e Padrón. Para inscribirse é preciso cubrir a folla de inscrición e entregala antes do 20 de setembro, ben na conserxería do centro, ben enviala por correo electrónico a: anpasanisidro@gmail.com. Tamén é preciso cubrir a folla de autorización para que o profesor da actividade na que participa a alumna ou alumno poida recollelo do comedor ou ao finalizar as clases.
Os non socios da Anpa terán que pagar 30 euros en concepto de matrícula. As actividades comezarán o 1 de outubro e rematarán o 19 de xuño.
![ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2019-20. Folla 1 ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2019-20. Folla 1](https://www.edu.xunta.gal/centros/cpidosdices/system/files/images/ROIS%20-%20INSCRICION%20EXTRAESCOLARES%20%202019-2020-1.preview.jpg)
- APIs de Blogue
- Miniatura
- Versión para imprimir
- PDF version