Accións para mellorar atención á diversidade para Inspección
MELLORA NA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE FUNCIONAL!!
Necesitamos o teu apoio….
Prezada comunidade educativa,
Na reunión mantida o mércores 19 de xuño, as familias decidimos realizar accións conxuntas para
esixir recursos de apoio ao alumnado do CPPI dos Dices á Consellería de Educación, Universidade e
Formación Profesional da Xunta de Galicia. Para iso, na maior brevidade posible, propuxemos
realizar as seguintes accións:
1.‐ Presentar un escrito individual mediante rexistro de entrada no colexio informando da situación
dos nosos fillos e a necesidade de apoio educativo (formulario no centro ou:
http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidosdices/taxonomy/term/88 )
2.‐ Presentar un escrito individual dirixido a Inspección Educativa (Subdirección Xeral de
Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo; Consellería de Educación, Universidade e
Formación Profesional) mediante rexistro de entrada na Xunta ou no propio Concello de Rois.
Informarase sobre a situación dos nosos fillos e a necesidade de apoio educativo. Aqueles casos que
o consideren, incluirán, se o teñen, o diagnóstico dun especialista e poderán achegar copia do
informe para maior xustificación da necesidade de recursos [Modelo de escrito: podedes solicitalo
por mail (anpasanisidro@gmail.com), descargalo no noso Facebook
(https://www.facebook.com/anpadicesrois/) ou espazo ANPA da páxina web do colexio
(http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidosdices/taxonomy/term/14)].
3.‐ Unha vez presentada a solicitude individual a Inspección Educativa, aquelas familias que o
consideren, farán chegar unha copia completa do escrito con rexistro de entrada para que a ANPA
poida enviar unha solicitude conxunta con información aportada polas familias. Pódesenos facer
chegar vía Whatsapp (658‐978726), correo electrónico (anpasanisidro@gmail.com) ou mediante
entrega persoal da copia. Prazo máximo de envío á ANPA: Mércores 10 de xullo.
4.‐ Desde a ANPA realizarase un escrito informando de forma conxunta da carencia de apoio de
persoal profesional para atender ao alumnado, achegando ademais copia individualizada de cada
escrito que cada familia nos faga chegar.
5.‐ Recolleranse firmas de toda a comunidade educativa apoiando a solicitude anterior. Podedes
firmar a folla de apoio no Multiusos (horario de mañá) ou na tenda de roupa en fronte ao concello.
Se queredes participar recollendo firmas, pódese recoller copia do modelo da folla de firmas en
ditos lugares, solicitala por mail (anpasanisidro@gmail.com), descargala no noso Facebook
(https://www.facebook.com/anpadicesrois/) ou espazo ANPA da páxina web do colexio
(http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidosdices/taxonomy/term/14) e devolvérnola cuberta.
Prazo máximo de recollida de firmas: Mércores 10 de xullo.
Necesitamos a túa colaboración!!.
PARA CALQUERA CONSULTA OU AXUDA DURANTE ESTE PROCEDEMENTO NON DUBIDES EN
CONTACTAR COA ANPA: 658‐978726, anpasanisidro@gmail.com