Polo San Martiño trompos ao camiño!!
O venres día 11, aproveitando a festividade do San Martiño, as nenas e nenos de E.P. participaron nun concurso de baile de buxainas, facendo honra ao vello dito: “Polo San Martiño trompos ao camiño”. Fíxose tamén unha competición de salto de corda.
O ambiente foi de festa e as nenas e nenos pasárono moi ben.