DEPENDENCIAS DO C.P.I. DOS DICES
O C.P.I. dos Dices componse de tres edificios, un amplo patio de xogos, un recuncho deste patio está cuberto, e un pavillón polideportivo, que é de titularidade municipal.
O edificio máis antigo, construído hai 25 anos, é o de Educación Primaria. Ten dous andares, que se estructuran do seguinte xeito:
- No baixo está a Aula de Informática de E. Primaria, a Aula de Inglés, o Comedor Escolar e 2 aulas de E.P.
- No 1º andar temos unha Aula de Robótica e 6 aulas de E.P.
Edificio de Educación Primaria | Aula de Informática de E.P. |
O Edificio Administrativo conta coa Sala de Administración, as dependencias do Equipo Directivo -Dirección, Xefatura de Estudios e Secretaría-, a Sala de Profesores, a Biblioteca Escolar, a aula de Educación Especial, o departamento de Orientación Educativa ,aula de convivencia e titoría de nais e pais e un aula de desdobre.. No soto está ubicadas 3 aulas de Educación Infantil, a Biblioteca de Infantil e un patio cuberto para os días de chuvia.
O Edificio da E.S.O., de construcciónmáis recente, ten tres andares:
- O entrechán conta con 4 aulas de E.SO., a Aula de Informática da E.S.O., a Aula de Audición e Linguaxe e o Salón de Proxección Multimedia.
- O 1º andar ten 3 aulas E.S.O., a Aula de Música, a Aula de Idiomas, a Aula de Apoio e 5 salas de Departamentos.
- O soto conta co Laboratorio de Ciencias, a Aula de Tecnoloxía, a Aula de Plástica, 2 aulas adaptadas para gravacións de vídeos.
Edificio da E.S.O. |
Edificio da E.S.O. e edificio administrativo |
Salón de Proxección Multimedia da E.S.O. |
Aula de Informática da E.S.O. |
- APIs de Blogue
- Versión para imprimir
- PDF version