Taboleiro

RENOVACIÓN MEMBROS CONSELLO ESCOLAR 2014

Hoxe mércores día 5 de novembro constituiuse a Xunta Electoral do centro para regular o proceso de renovación de membros do consello escolar.

Quedou conformada do seguinte xeito:

  • Presidente: Dª Vanessa De Arriba Villares directora do centro
  • Vocais:

       - Mª Fe Vilares Álvarez (  Mestra e secretaria da XE)

       - Elena Lupu ( pais/nais)

       - Manuel Vilela Fernández (PAS)

       - Silvia Parrado Álvarez  ( alumnado)

A Xunta Electoral procedeu a aprobar o seguinte calendario electoral:

  1. Do 7 ao 17 de novembro prazo de presentación de candidaturas  ( o modelo para presentar candidatura está na secretaría do centro)
  2. Día 18 de novembro proclamación de candidaturas por sectores de representación, aprobación definitiva de censos resoltas as posibles reclamacións, aprobación do modelo de papeletas e sobres e sorteo público de membros das mesas electorais.
  3. Día 27 de novembro as VOTACIÓNS :

        - alumnado de 12,45 a 13,15 horas

        - pais/nais de 15,00 a 16,00 horas

 

 

    4. Día 28 de novembro ás 09;30 horas en claustro extraordinario votación dos profesores/as.

 

    5. Día 1 de decembro proclamación de candidatos electos e traslado á Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria das copias de actas das votacións.

 

 

 

ELECCIÓNS DE MEMBROS DOS CONSELLOS ESCOLARES

Resultado de imagen de imágenes de urnas de votaciónO vindeiro xoves, 3 de novembro ás 12:45 horas, na biblioteca do centro, procederase ó SORTEO PÚBLICO dos membros da Xunta  Electoral (titulares e suplentes)  que estará conformada do seguinte xeito:

 

  • A directora
  • Un profesor/a
  • Un pai/nai
  • Un representante de PAS (persoal de administración e servizos)
  • Un alumno/a

 

 

 

Ao día seguinte venres ,4 de novembro ás 10:00 horas  convocarase aos membros da Xunta Electoral para a constitución da mesma e outras tarefas que lle competen.

 

PRÓXIMOS DÍAS NON LECTIVOS

 

 

 

 

PRÓXIMOS DÍAS NON LECTIVOS: 

 

  • VENRES 30 DE OUTUBRO : DÍA DO ENSINO.
  • LUNS 2 DE NOVEMBRO : FESTIVO EN GALICIA.

REUNIÓN PAIS/NAIS ALUMNOS/AS DA E.S.O USUARIOS/AS DO COMEDOR ESCOLAR

CONVÓCASE A TODOS OS PAIS/NAIS DE ALUMNOS/AS DA E.S.O USUARIOS/AS DO COMEDOR ESCOLAR

A UNHA REUNIÓN O VINDEIRO LUNS 27 DE OUTUBRO ÁS 15:30 HORAS NA AULA DE AUDIOVISUAIS.

ELECCIÓNS DE MEMBROS DOS CONSELLOS ESCOLARES

Segundo a RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2016 establécese o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros sostidos con fondos públicos.

No caso do noso centro corresponde renovar desta volta os seguintes membros:

- dous  membros do profesorado

- dous  membros do alumnado

- un membro do colectivo de pais/nais

- un membro do colectivo PAS (persoal de administración e servizos)

Poderanse presentar as candidaturas na Secretaría do centro no prazo que determine a Xunta Electoral; do cal xa vos iremos informando.

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO USADO

Un ano máis o CPI Luís Díaz Moreno colabora coa Campaña Solidaria Mariola na campaña de recollida de roupa e calzado usado.

As familias que queiran colaborar teñen as bolsas na Secretaría do centro; o día de recollida remata o venres 30 de setembro.

 

Grazas pola vosa colaboración.

CONVERSAS DE SEXUALIDADE CON PAIS E NAIS

O luns, 31 de marzo, ás 15.00 horas, terá lugar o segundo seminario dirixido a pais e nais, no que se abordará a temática de sexualidade.

Nesta ocasión, será Xosé Manuel Mosteiro, traballador social e sexólogo do centro de asesoramento afectivo-sexual "Quérote" de Lugo, quen se encargue de impartir a charla: "Conversas de sexualidade con pais e nais".

Ó igual que no primeiro seminario, vostedes poderán consultar as dúbidas e inquedanzas que teñan ó respecto.

CHARLA-OBRADOIRO: TÉCNICAS DE ESTUDO E APRENDIZAXE

O luns, 24 de febreiro, ás 15.00 horas, terá lugar un primeiro seminario dirixido a pais e nais, no que se abordará a temática de "Técnicas de estudo e aprendizaxe".

Tratarase dunha charla-obradoiro impartida pola orientadora do centro, Noa Varela, onde as familias poderán consultar as dúbidas e inquedanzas que teñan ó respecto.

Esta charla será a primeira dunha serie na que se tratarán temas como "Seguridade en Internet", "Relacións cos fillos/as", "Consumo de drogas e alcohol"...

DÍAS NON LECTIVOS

Próximos días non lectivos (2013-14):

- 31 de outubro: Día do Ensino

- 1 de novembro: festivo

- 4 de novembro: día solicitado polo centro (aprobado en Claustro e Consello Escolar).

NOTAS DOS EXAMES DE SETEMBRO

As notas dos exames de setembro entregaranse o venres, día 6 de setembro, ás 12.00.

Powered by Drupal - Design by artinet