Taboleiro

RENOVACIÓN MEMBROS CONSELLO ESCOLAR 2016

 

O pasado venres día 4 de novembro levouse a cabo a constitución da XUNTA ELECTORAL no noso centro, encargada de regular o proceso de renovación de membros do Consello Escolar:

  • PUBLICACIÓN PROVISIONAL DE CENSOS NO TABOLEIRO
  • PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS:

          do 7 ao 17 de novembro na Secretaría do Centro

 Resultado de imagen de votacion

  • CALENDARIO ELECTORAL:- Xoves 24 de novembro, de 10:30 a 11:15 horas,  votación PAS
    - Xoves 24 de novembro, de 15:00 a 16:00 horas, votación pais/nais/titores legais
    - Venres 25 de novembro ás 09:30 horas, votación profesorado
    - Luns 28 de novembro, de 12:45 a 13:15 horas, votación alumnado

 

Para calquera dúbida, acudir ao Centro.

RENOVACIÓN MEMBROS CONSELLO ESCOLAR 2018

Resultado de imagen de imágenes de urnas de votación

Este ano 2018 , segundo Resolución do 25 de setembro de 2018, corresponde renovación de membros do Consello Escolar. No noso centro corresponden renovar os seguintes membros:

-catro profesores/as

-tres alumnos/as

-un pai/nai

- a ANPA e o Concello designarán os seus representantes

 

 

O pasado  mércores , 31 de outubro ás 12:45 horas, na biblioteca do centro, procedeuse ao SORTEO PÚBLICO dos membros da Xunta  Electoral (titulares e suplentes)  que estará conformada do seguinte xeito:

 

  • A directora
  • Un profesor/a
  • Un pai/nai
  • Un representante de PAS (persoal de administración e servizos)
  • Un alumno/a

 

 

 

O vindeiro martes ,6 de novembro ás 10:10 horas  convocarase aos membros da Xunta Electoral para a constitución da mesma e outras tarefas que lle competen.

RENOVACIÓN MEMBROS CONSELLO ESCOLAR 2016

Segundo a RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2016establécese o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros sostidos con fondos públicos.

No caso do noso centro corresponde renovar desta volta os seguintes membros:

- dous  membros do profesorado

 

- dous  membros do alumnado

- un membro do colectivo de pais/nais

- un membro do colectivo PAS (persoal de administración e servizos)

Poderanse presentar as candidaturas na Secretaría do centro no prazo que determine a Xunta Electoral; do cal xa vos iremos informando.

 

CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE ROUPA USADA 2016/2017

Un ano máis o CPI Luís Díaz Moreno colabora coa Campaña Solidaria Mariola na campaña de recollida de roupa e calzado usado.

As familias que queiran colaborar teñen as bolsas na Secretaría do centro; o día de recollida remata o venres 30 de setembro.

 

Grazas pola vosa colaboración.

FONDO SOLIDARIO CURSO 2016/2017

Hoxe publícanse as LISTAXES DEFINITIVAS da adxudicación do fondo solidario de libros de texto para o curso 2016/2017  PARA ALUMNADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA.

NOS VINDEIROS DÍAS IREMOS FACENDO ENTREGA DOS LOTES DE LIBROS AO ALUMNADO BENEFICIARIO DAS AXUDAS.

PODEN CONSULTALAS NOS ARQUIVOS ADXUNTOS.

CURSO ESCOLAR 2016-2017

 

Resultado de imagen de calendario

INICIO DO CURSO EN EI E EP: LUNS, 12 de setembro

INICIO DO CURSO EN ESO: XOVES, 15 de setembro

NADAL: Do 22 de decembro ata o 6 de xaneiro (ambos incluídos).

SEMANA SANTA: Do 10 ao  17 de abril (ambos incluídos).

ENTROIDO: 27 e 28 de febreiro, e 1 de marzo

DÍA DO ENSINO: 31 de outubro.

DÍAS NON LECTIVOS SOLICITADOS (aprobados polo claustro e CE): XOVES, 2 de MARZO e VENRES 3 de MARZO DE 2017

 

 

 

BENVIDOS/AS AO CURSO 2016/2017

Resultado de imagen de benvidos ao cole

 

O vindeiro día 12 de setembro , os nenos e nenas de Educación Infantil e Educación Primaria volven con ilusión ás aulas e o próximo xoves día 15 de setembro farán o mesmo os rapaces/as de Educación Secundaria. Benvidos a todos e todas e que teñamos un bo curso!!!

Benvidos tamén a todos os mestres/as , profesores/as e persoal non docente que conforman a comunidade educativa!! Grazas tamén a todas as familias pola súa colaboración cada curso!!

PECHADO POR VACACIÓNS

 

DENDE O CPI LUÍS DÍAZ MORENO DESEXÁMOSVOS UNHAS BOAS VACACIÓNS E VÉMONOS EN SETEMBRO!!!

LISTAXES DE ADXUDICACIÓN FONDO SOLIDARIO CURSO 2106/2017

En arquivo adxunto podedes consultar as listaxes de adxudicación do FONDO SOLIDARIO para o vindeiro curso; a entrega dos lotes de libros farase na vindeira semana .

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2016/2017

Resultado de imagen de libros de textoEN ARQUIVO ADXUNTO APARECEN OS LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO

Powered by Drupal - Design by artinet