Taboleiro

XORNADA DE CONTACONTOS COA NOSA MASCOTA CAMALEO!!

O pasado venres día 12 de febreiro tivemos unha visita moi agradable ; CAMALEO a  nosa mascota da biblioteca animounos a ser uns lectores estupendos e usar moito a nosa biblioteca.

Para celebrar esta visita as nenas de 6º de E. Primaria e a nosa dire contaron para os compañeiros/as dos cursos de infantil e primaria uns contos moi fermosos; velaí unhas imaxes

 

 

 

ENTROIDO 2016

O pasado venres 5 de febreiro celebramos o ENTROIDO no cole cun festival do máis colorido, divertido  e cheo de humor.... velaí unha imaxes desa xornada...

ED. INFANTIL  .- A PANDILLA CHINESA

 

 

1º ED. PRIMARIA.- ANIMAIS

 

2º ED. PRIMARIA.- ENTROIDO LIBRE

 

 

3º ED. PRIMARIA.- OS OFICIOS DO HUMOR

 

 

4º ED. PRIMARIA.- A TRIBU " OS MACHAPACHOS"

 

 

5º E 6º ED. PRIMARIA.- AS RAMONAS...

 

BAILE SORPRESA DAS ALUMNAS DE 6º...

 

 

ALUMNAS DE E.S.O

 

 

 

PROFES

 

 

XUIZO AO ENTROIDO ( ALUMNADO DE ESO )

 

QUEIMA DO ENTROIDO!!!!

 

 

ENTREGA DE PREMIOS ! PARABÉNS AOS GAÑADORES E GRAZAS A TODOS/AS POR PARTICIPAR E FACER POSIBLE ESTA XORNADA!!

 

 

 

 

 

FESTIVAL DE ENTROIDO 2016

 

 

O VINDEIRO VENRES 5 DE FEBREIRO CELEBRAMOS O ENTROIDO NO COLE!! QUEDADES TOD@S CONVIDAD@S A PARTIR DAS 12:00 HORAS AO DESFILE DOS DIFERENTES GRUPOS E Á POSTERIOR QUEIMA DO BONECO!!

PODEDES VIR DISFRAZAD@S!!

 

En arquivo adxunto deixovos o programa!!

FESTIVAL DE NADAL 2015

Velaí unhas fotos do noso festival de Nadal!!

 

E COA MELLOR SORPRESA FINAL, A VISITA DE CAMALEO, A NOSA MASCOTA DA BIBLIOTECA QUE NOS VEU FELICITAR O NADAL!! DE SEGURO QUE A IMOS VER MOITAS MÁIS VECES!!

 

FESTIVAL DE NADAL 2015

 

O vindeiro día 18 de decembro de 2015 celebraremos o Festival de Nadal no cole. Quedades convidados/as...

Deixovos en arquivo adxunto a programación.

MAGOSTO 2015

O pasado venres, día 6 de novembro, celebramos o MAGOSTO e  o SAMAÍN no cole coa tradicional degustación de castañas asadas e Xogos Populares para todos os nenos e nenas.

Velaí unha mostra desta xornada:
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Grazas a todos e todas pola vosa colaboración....

 

SEGUNDA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2015/2016

Orde do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educacion Primaria, ESO ou Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/2016.

Esta segunda convocatoria está destinada ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a axuda, resultase excluído por unha causa emendable.

Prazo de solicitudes: ata o 23 de novembro.

PROXIMOS DÍAS NON LECTIVOS

 

Resultado de imagen de IMAGENES DE NIÑOS EN OTOÑO

 

PROXIMOS DÍAS NON LECTIVOS:

  • 30 DE OUTUBRO: DÍA DO ENSINO
  • 2 DE NOVEMBRO: FESTIVO GALICIA

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO USADO

O día 8 de outubro realizarase a recollida de roupa e calzado usado no CPI Luís Díaz Moreno coa empresa MARIOLA SOLIDARIA, empresa comprometida coa FUNDACIÓN VICENTE FERRER.

As bolsas para a roupa están á súa disposición na Secretaría do centro.

Grazas por colaborar.

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO CURSO 2015/2016

Publícase as listaxes cos alumnos/as de ESO admitidos e excluídos do Fondo Solidario para o curso 2015/2016.

En arquivo adxunto podedes consultalos.

Powered by Drupal - Design by artinet