[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14

Matemáticas

MEMBROS

 

Pilar Cobas Cajuso_Xefa do departamento

Silvia Diana Bouzón Capelo

Iván Camba Dopazo

Lucía Isabel García Méndez

PROGRAMACIÓN DO CURSO 2017-2018

No ficheiro adxunto aparece a programación didáctica correspondente ás materias que imparte o Departamento de Matemáticas no curso 2017-2018

PENDENTES

O departamento de Matemáticas levará a cabo unha proba a finais de maio,nunha data establecida por Xefatura de Estudos,para todos aqueles alumnos coa materia pendente de 1ºESO,2ºESO ou 3ºESO.

A principios de outubro este alumnado recibirá un compendio de exercicios e cuestións que versarán sobre os contidos a recuperar e que os orientarán para a proba de maio.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Se queres ver os criterios de avaliación que o departamento de Matemáticas estableceu para este curso  preme no adxunto.

Programación didáctica de Matemáticas, curso 2021-2022

No ficheiro adxunto aparece a programación didáctica correspondente ás materias que imparte o Departamento de Matemáticas no curso 2021-2022.

Programación Didáctica 2019-2020

No ficheiro adxunto aparece a programación didáctica correspondente ás materias que imparte o Departamento de Matemáticas no curso 2019-2020

Programación do curso 2018-2019

Programación do departamento de matemáticas para o curso 2018 - 2019.

Stat Wars, o despertar dos datos

O pasado día 17 de novembro os alumnos de 3º e 4º de ESO acompañados dos profesores Pilar Cobas Cajuso e Iván Folgueira Pérez acudiron á actividade Stat Wars, o despertar dos datos que se celebrou no Teatro Principal de Santiago de Compostela. 

A idea da actividade era que os alumnos comprendesen un pouco mellor que é iso do Big Data e tamén coñecer os perigos que supón a cesión dos nosos datos ás redes sociais. Ademáis disto houbo unha parte lúdica cun par de concursos de preguntas e respostas. No primeiro deles participou o alumno de 4º de ESO Yeray Martínez Abeijón, como podedes ver nesta ligazón a partir do minuto 1:07. 

 

Na mesma ligazón podedes ver a segunda parte na que participaron os alumnos Marc Carnota Castaño, Saúl Caldas Rodríguez, Mateo Muñíz, Lorenzo Pouso Luaces e Alejandro Moledo León. Se vos desprazades no vídeo ata o minuto 1:37, poderedes ver a parte final dese concurso na que Alejandro se convertiu en gañador e recibiu como premio unha tablet.

Importante salientar o interesante que resultou a actividade é a boa actitude e resposta por parte de todos os nosos alumnos.

Despedímonos ao modo Stat Wars:

Que a forza dos datos vos acompañe!

Distribuir contido