![]() |
![]() |
Grupos ordinarios |
O martes 4 de febreiro adicamos o recreo a divesos xogos de canicas como O Juá, O Ollo e A Quita. O Juá consiste en meter a canica nun burato. O Ollo en sacar as canicas das dúas esquinas dun ollo pintado no chan. A Quita trátase de sacar unha canica do sitio.
|
|||
O martes 28 de febreiro continuamos co noso proxecto; neste caso o xogo elixido foi Colin-Maillard ou Pita Cega. Este é un xogo popular xa ben coñecido por todo o alumnado, consiste en tapar os ollos dunha persoa que ocupa o centro da roda e os demáis xiran ó seu arredor. Cando a pita cega manda parar diríxese a un dos participantes da roda tentando adiviñar quen é apalpándolle a cara e cabelo. |
|||
O martes 21 de febreiro deu comezo a dinamización dos recreos de primaria. Hugo Alvar de 4º de ESO presentou o proxecto e encargouse da realización das fotos e da amplificación. O noso primeiro xogo foi o Cheval Bayard ou Cabalo Baio, que consiste en facer avanzar unhas basoiras entre as pernas de diferentes maneiras e ver cál dos grupos é o máis rápido. |
|||
Este curso como proxecto de francés do curso de 1º de ESO traballaremos o plurilingüismo e a mellora da convivencia no centro por medio do proxecto ON JOUE? (Xogamos?), No primeiro trimestre traballamos a partires do capítulo adicado ós xogos populares de mediados do século XVI que aparecen listados no Gargantúa e Pantagruel de Rabelais, e que tamén foron retratados no cadro de Brueghel Xogos de Nenos. Formáronse grupos de alumnado que escolleron algún dos xogos citados e buscaron información de cómo se xoga e elaboraron unha ficha para cada xogo co nome en francés, galego e as regras do xogo. Despóis puxémonos en contacto co grupo de 4º de ESO de Valores Éticos que está traballando na dinamización e conviencia nos recreos e coordinámonos para realizar un xogo cada martes para o alumnado de primaria. Hugo Alvar será o noso dinamizador.
|
|||
No ficheiro adxunto aparece a programación didáctica correspondente ás materias que imparte o Departamento de Matemáticas no curso 2019-2020 |
|||
|
|||
|
|||
1.- Lectura de obras de teatro. 2.- Explicación de nocións básicas de teatro. 3.- Elaboración dos textos por grupos. 4.- Ensaios e posta en escena. Podedes ler as obras escritas polas cinco compañías de teatro de 1º ESO no arquivo adxunto Algunhas imaxes:
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »
![RSS - Grupos ordinarios Distribuir contido](/centros/cpicernadascastro/misc/feed.png)