Grupos ordinarios |
Coa prensa do 28 de abril traballamos os textos da sección de opinión. Alí atopamos unha carta ao director que falaba da oleada de inmigrantes ilegais que chegaba eses días ás nosas costas; tamén un artigo de opinión de Marina Mayoral que podedes ler neste link. Logo de comentalo, con todas aquelas palabras decidimos crear poemas dadaístas seguindo as instrucións de Tristan Tzara. Podedes ver algúns deles na presentación.
|
|||
Continuando co noso traballo coa prensa, abordamos a entrevista. Logo de analizar diferentes entrevistas en La Voz de Galicia y estudar o proceso de elaboración deste tipo de texto, convertémonos en xornalistas e cada aula realizou unha entrevista. Velaquí os resultados: |
|||
|
|||
|
|||
En 1º ESO participamos no programa Prensa Escuela de La Voz de Galicia e traballamos coa prensa todos os mércores do curso. Este trimestre, ademais, dedicamos unha hora semanal a diversas actividades a partir dos diferentes tipos de texto da prensa: a publicidade, a noticia, o humor, as entrevistas, as cartas ao director... |
|||
Comeza xa maio, o mes das letras, e mesturando a louvanza da lingua coa técnica literaria do caligrama que vimos ao longo do curso en Novoneyra, Manuel Antonio ou Luz Pozo Garza, elaboramos os nosos caligramas. Isto é unha pequena mostra do que saíu: |
|||
|
|||||
Estas son algunhas das nosas propostas coma lecturas optativas para este 2º trimestre. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »