[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
MENÚ FRANCÉS Páxina gedepevi 22/05/2024 - 13:27
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47

Grupos ordinarios

III XORNADAS DE GASTRONOMÍA FRANCESA

Cartel Xornadas

Os días xoves 2 e venres 10 de xuño tiveron lugar as III Xornadas de Gastronomía Francesa organizadas polo alumnado de francés do CPI Plurilingüe Cernadas de Castro e coa imprescindible colaboración e bo facer do equipo de cociña. Como en edicións anteriores deixámovos máis abaixo o enlace para responder a unha enquisa sobre a vosa opinión das xornadas. Como en edicións anteriores, leremos con moito interés as vosas valoracións e comentarios e terémolos en conta na medida do posible para as vindeiras edicións.

Enlace enquisa

Desexamos que gozarades coñecendo e aprezando a diferente gastronomía do país veciño. Moitas grazas pola vosa participación e ata a vindeira edición!

IV Xornadas de Gastronomía Francesa

O xoves 1 e o venres 9 de xuño tiveron lugar no comedor escolar do noso centro as IV XORNADAS DE GASTRONOMÍA FRANCESA, organizadas polo alumnado de francés de 2º de ESO. Nesta ocasión poideron degustar os seguintes platos:

Vichyssoise

Vichyssoise

 

Tartiflette

Tartiflette

Merlu à la crème d'aligot

Merlu à la crème d'aligot

Omelette au jambon

Omelette française au jambon

Profiteroles

Profiteroles

Meringes

Meringues

 

Charla sobre o voluntariado en Lousame

O martes 6 de xuño J. M. Outeiral xunto con tres voluntarias do equipo de Voluntariado do Concello de Lousame ofreceron unha charla no noso cento escolar ao alumnado de Valores Éticos de 4º de ESO.

En dita charla explicaron as distintas opcións de voluntariado que se ofertan dende o Concello á xuventurde maior de dezaséis anos, así como as distintas actividades nas que poden participar e ofrecer a súa axuda.

Dende o noso centro escolar dámoslles as nosas mais sinxelas grazas por compartir estas experiencias con nós!!

 

 

Programación Didáctica 2020-2021

Información sobre a Programación didáctica de Lingua Galega e Literatura para o curso 2020-2021.

Revista de Historia - 2ª entrega - 4º ESO

 

Clica na imaxe seguinte para acceder á 2ª entrega da Revista de Historia elaborada polo alumnado de 4º ESO. Grazas por seguirnos!!

 

On joue? Xogamos? : Saute Mouton (Pídola) et La Chaise (A silla da Raíña)

O 18 de febreiro estivemos de novo no patio para lembrar un par de xogos tradicionais: A pídola, que consiste en saltar sobre un compañeiro/a e a Silliña da Raíña, na que dúas persoas pasean a outra ó ritmo dunha cancionciña ata que a canción remata e a deixan caer... suavemente!! Aquí tedes as fotos para ver o ben que o pasamos:

Saute mouton - pídola

Saute mouton ou Pídola

A silliña da Raíña

La Chaise ou Silliña da Raíña

 

Primeiro número de Historia. 1º Trimestre - Revista dixital

Publicamos, tarde, pero publicamos! O primeiro número da revista dixital de Historia do centro, correspondente co primeiro trimestre.

Os redactores e editores foron as alumnas e alumnos de 3º da ESO, e os contidos céntranse no século XVI. (click na imaxe para acceder á revista)

 

On joue? Xogamos? : Les Cerceaux - Os Aros

Pasar polo aro

Este martes 11 de febreiro o xogo que tocaba foi xogar aos Aros. Fixemos dous xogos: o primeiro consistía en facer unha roda e pasar por medio do aro cada un dos membros da roda. O segundo consistía en un xogo parecido ás sillas musicais. Mentres cantabamos unha canción dun lobo camiñabamos arredor dos aros e cando o lobo saía da cova a pillar había que refuxiarse nun aro. O/A  que quedaba sen aro era eliminado/a.

Aros musicais

Distribuir contido