[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
LIBROS DE TEXTO _CURSO 2024_25 Páxina pipaca 12/07/2024 - 13:14
Listaxe provisional das axudas do Fondo solidario de libros de texto e vales para material. Curso 2024/25. Páxina bggon 12/07/2024 - 07:49
Matrícula Educación Primaria Historias pipaca 25/06/2024 - 20:59
Matrícula Educación Infantil Historias pipaca 25/06/2024 - 20:50
Matrícula ESO Páxina pipaca 25/06/2024 - 13:11
AS MINAS DE SAN FINS Páxina pipaca 24/06/2024 - 16:31
VEXO VEO XACOBEO Páxina pipaca 24/06/2024 - 10:14
Concurso Xornalismo na Escola de La Voz de Galicia Historias pipaca 17/06/2024 - 15:17

6ºA

Perímetro e área

Nunha cuadrícula creamos distintas figuras cunha única premisa, que tivesen como área 24 unidades cadradas. Deste xeito, ao ver o resultado final podemos observar as distintas formas e perímetros de cada unha das figuras.

 

Volume

Construimos un cubo para traballar o volume. Despois, elaboramos distintas figuras e comprobamos cal era o seu volume.

 

Exhibición Garda Civil

Participamos cos  nos@s compañeir@s de 5º de Primaria nunha exhibición de solidaria a cargo da Garda Civil. Vimos varias demostracións e puidemos subir en distintos vehículos oficiais. Colaboramos entregando un kilo de comida para Cáritas.

 

Magnitudes

Axudámonos dunha táboa de magnitudes para:

- Convertir medidas.

- Pasar de complexo a incomplexo.

-Resolver exercicios.

 

Ecosistemas

En grupos,elaboramos dioramas sobre distintos ecosistemas en caixas de zapatos. Cada diorama ía acompañado dun folio que achegaba información sobre o ecosistema, e un mapa onde se mostraban os lugares do mundo onde se podían atopar.

Estatística

Para traballar contidos estatísticos realizamos dúas experiencias:

- na primeira experiencia fixemos dúas táboas:  unha na que mostrabamos os resultados posíbles ao tirar dous dados e sumar os resultados e outra na que multiplicabamos os resultados. Logo, analizamos os datos.

- na segunda experiencia xogamos a pedra, papel,tesoira. Xogamos oito partidas e colocamos os datos nunha táboa, despois elaboramos un diagrama de barras e por último analizamos os resultados.

 

Números negativos e positvos

Para rematar de familiarizarnos cos números enteiros, desta volta tivemos que buscar na Internet distintos datos e despois elaborar unha recta numérica e represntar estes datos.

Día da paz

Este ano para celebralo Día da paz, creamos sinais de tráfico relacionadas con este tema.

Distribuir contido