Responder ó comentario

Ecosistemas

En grupos,elaboramos dioramas sobre distintos ecosistemas en caixas de zapatos. Cada diorama ía acompañado dun folio que achegaba información sobre o ecosistema, e un mapa onde se mostraban os lugares do mundo onde se podían atopar.

Para acompañar a exposición fixemos unha cadea trófica de cada ecosistema en vasos de corcho. O que nos permitiu crear un xogo para que todo centro puidese participar da nosa exposición. Puxémoslle de título: Quen come a quen?. Os participantes debían encaixar os vasos uns dentro doutros para completar a cadea; ao final podían consultar a solución na parte ppsterior do folio.

 

Responder

Igualdade, Convivencia e Inclusión