6ºA |
Este curso os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria participaron na I Olimpiada Matemática do C.P.I. Cernadas de Castro. Nela enfrentábanse por equipos, en distintas estacións, desenvolvendo diferentes problemas e xogos matemáticos para os que tiñan que poñer en práctica os diferentes contidos estudados na aula (números enteiros, números fraccionarios, números decimais, unidades de medida, xeometría...). A actividade resultou moi dinámica e divertida. |
|||
Coñecedes LIBROLAND? Libroland é o proxecto que aglutina todas as actividades que realizamos nos cursos 5º e 6º de Educación Primaria en relación coa lectura e a creación literaria: - Concursos literarios. - Booktube. - Tómbola lectora. - Exposicións temporais e outras actividades puntuais relacionadas coa lectura e a escritura.
Libroland conta, ademais dun espazo físico (o taboleiro do corredor) onde se expón a información sobre as actividades que realizamos, cun espazo virtual, dentro da plataforma Agueiro. Aí é donde se publica tamén a información sobre os concursos literarios, as fotografías tomadas na nosa "Tómbola lectora" (celebrada anualmente) e outras actividades, como a nosa canle de vídeos BOOKTUBE, onde o alumnado nos fala a través de vídeos sobre os libros que máis lle gustan.
Podedes acceder a LIBROLAND premendo na imaxe inferior, ou senón tedes tamén un acceso permanente na columna esquerda web do centro, na sección "Os nosos blogs".
Visitádenos!
|
|||
Coñecedes o fenómeno dos "Booktubers"? Pois xa chegou ao Cernadas! Os Booktubers son lectores insaciables. Gústalles moitísimo ler, devoran libros e máis libros pero, o que tamén lles gusta moito é... falar sobre os libros que len! E como o fan? Pois a través de divertidos vídeos-reseña nos que nos contan o argumento do libro en cuestión, acompañándoo de comentarios, valoracións, datos curiosos e animándonos a desfrutar da súa lectura tanto como eles o fan. Trátase dunha forma moi amena e actual de falar de libros e lectura, un hábito que está tan de moda coma o de gravar vídeos! Se queredes ver aos nosos Booktubers de 5º e 6º en acción, podedes facelo accedendo ao noso Booktube, dentro do espazo Libroland, ou premendo na seguinte imaxe.
|
|||
Vimos de visitar a exposición dos compañeir@as de Infantil B. Algúns dos compañeiros de Infantil B (Pedro, Alejandro, Roi, Leo e Ramón) guiáronnos ao longo da exposición axudados da profe Ana. A exposición consta de tres partes.
|
|||
Saída ao Galipark cos compañeiros de 5º. |
|||
Por equipos, organizamónos, pensamos e creamos disintos inventos: -Cepillo: lava, peina, seca ... - Máquina que fai os deberes. - Máquina que lava e seca os zapatos. - Máquina con zumo, música e conexión bluethooh - Armario tecnolóxico. Tivemos que facer unha breve descrición do invento, unhas intruccións, un logo e un eslogan. Ao final tivemos que facer unha presentación do noso traballo e, posteriormente mostrámolos no corredor.
|
|||
Desta volta, visitamos a exposición cartográfica dos compañeiros de 3º da ESO. A nosa guía, Raquel, estivo moi pendente de que entendésemos todo e de resolver todas as dúbidas que puidesemos ter. |
|||
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »