Skip to Content

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS AO ALUMNADO

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade establece un procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado. As máscaras distribuiranse entre o alumnado cuxas familias tivesen unha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € no exercicio 2018, é dicir, os requisitos son os mesmos que para ser beneficiario do vale para material escolar establecido pola Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2020/21.

 

Acceso á orde:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201113/AnuncioG0598-061120-0002_gl.html

 

 

ACORDO DO CONSELLO DA XUNTA SOBRE A CONTRATACIÓN DE COLABORADORES DE COMEDOR

O pasado día 15 de outubro o Consello da Xunta de Galicia autorizou como medida excepcional, que aqueles centros nos que non estean cubertas todas as prazas de colaborador de comedor, poidan utilizar para esa función a outros familiares adultos  convivintes (a parte dos pais) que residan no mesmo domicilio que o alumno.

Nestes momentos temos no colexio unha praza vacante de colaborador de comedor que podería ser ocupada por un familiar convivinte dun alumno/a, sempre e cando os pais dese alumno/a o autorizaran.

Se alguén cumpre esa condición e está interesado en realizar tarefas de colaboración no comedor, deberá acudir ao centro educativo e cubrir un impreso de solicitude.

Ata o venres 6 de novembro, poderán cubrir a solicitude no centro. No suposto que houbese máis dunha solicitude, o criterio de selección sería o de menor renda per cápita da unidade familiar. 

Achegámoslles o documento que enviou a Consellería de Educación, onde explica con maior detalle esta circunstancia excepcional.

 

 

ADIAMENTO DA INCORPORACIÓN DO ALUMNADO DA ESO

A Consellería de Educación retrasa unha semana o inicio de curso en secundaria. As novas datas para a incorporación gradual do alumnado na ESO son:

 

O 23 de setembro incorporarase o alumnado de 1º e 2º ESO

O 24 de setembro incorporarase o alumnado de 3º ESO

O 25 de setembro incorporarase o alumnado de 4º ESO

LISTAXE DEFINITIVA DE FONDOLIBROS SECUNDARIA

Xa se pode consultar no centro a listaxe definitiva de Fondolibros para o curso 2020/21.

INCORPORACIÓN GRADUAL DO ALUMNADO PARA O CURSO 2020/21

No día de onte a Consellería de Educación publicou unha resolución pola que se establece a incorporación gradual do alumnado durante os primeiros días de curso. Poden consultar esta resolución no arquivo adxunto ou no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31769

LISTAXE DIFINITIVA DE FONDOLIBROS PRIMARIA

Xa poden consultar no centro a listaxe definitiva de Fondolibros para o curso 2020-21. Recorden que os libros de texto de 3º e 5º de primaria os merca o centro, non se conceden vales.

DESCARGA DA APLICACIÓN TOKAPP

As familias do alumnado que se matricula por primeira vez neste centro, xa poden descargar a aplicación TokApp.

LISTAXE PROVISIONAL FONDOLIBROS

Poden consultar no centro a listaxe provisional do número de libros que lles corresponde ao alumnado de Primaria. Esta listaxe non se publicará nesta páxina web pola protección de datos. 

CALENDARIO EXAMES SETEMBRO 2020

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE UTILIZACIÓN DOS SERVIZOS DE TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR

A PARTIR DE MAÑÁ DÍA 19 DE XUÑO E  ATA O DÍA 22 DE XULLO, PODEN PRESENTAR NO CENTRO AS SOLICITUDES DE UTILIZACIÓN DOS SERVIZOS DE TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR

ACHÉGASE UN RESUMO DAS DÚAS INSTRUCIÓNS, O IMPRESO DE SOLICITUDE DE TRANSPORTE E COMEDOR E O ANEXO II DE AUTOLIQUIDACIÓN (SÓ PARA OS SOLICITANTES DE COMEDOR)

 

SOLICITUDE DE FONDO LIBROS, AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O CURSO 2020/21

O 19 de maio de 2020 publicouse a Orde do 12 de maio de 2020 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto.

Nos arquivos adxuntos poden descargar os anexos da solicitude e o resumo da convocatoria.

Prazo: do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020

As solicitudes poden presentarse por vía electrónica empregando a aplicación informática "fondolibros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) a través da sede electrónica https://sede.xunta.gal/portada ou ben nos centros de forma presencial, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

Para a presentación no centro a Secretaría estará aberta de 10 a 14 horas.

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2020-2021

No día de hoxe publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020, que, no ámbito educativo, establece o seguinte acordo:

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN: do 11 ao 18 de maio

AXUDAS PARA OS USUARIOS DO COMEDOR ESCOLAR DO CPI DE BEMBIBRE EN RELACIÓN AO CORONAVIRUS: COVID-19

No arquivo adxunto, poden consultar un resumo do procedemento para a tramitación das solicitudes de axudas económicas para os alumnos/as usuarios do servizo de comedor escolar, para estes días de suspensión da actividade lectiva no centro educativo.

NOVAS INSTRUCIÓNS SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN

Con motivo da suspensión das clases polo coronavirus (covid-19), amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Distribuir contido


by Dr. Radut