Skip to Content

5º infantil

Xogos e Arte ó aire libre

Nesta última semana de curso vouvos a deixar colgadas varias ideas para disfrutar xogando ó aire libre.

Primeiramente, déixovos algunhas propostas artísticas:

  1. -Pintar con pistolas de auga (xeringas ou pulverizadores)
  2. -Pintar con globos ou pompas
  3. -Empregar xices para facer sombras.

 

Outra idea de xogo creado a partir de materiais de refugallo pode ser construir o noso propio "pompeiro". Para iso só necesitaríamos unha botella de plástico e algunha cousiña máis que de seguro ides ter na casa como se amosa nos seguintes exemplos.

 

Premede na seguinte imaxe para ver como se divirten uns nenos xogando co seu pompeiro

 

Por último, outra idea faciliña para xogar a pescar nos días de verán.

 

 

Comezamos unha nova semana vendo cómo traballaron os nenos de 4 anos

Nesta nova semana amoso imaxes dos traballos que a semana pasada foron propostos para todos os nen@s de 4 anos. Os mesmos, xunto cas súas familias, esforzáronse moito para, finalmente, realizar as actividades que podedes ver nos seguintes collages de fotos.

O primeiro collage fai referencia ás seriacións de tamaños (pequeno, mediano e grande) que traballamos a partir do conto "Os Chibos Chibóns"

 

No seguinte collage os nen@s xogan a ser científicos investigando co seu microscopio.

Unha proposta científica

Vamos crear o noso microscopio

Como sabedes, científicas e científicos de todo o mundo están investigando  para atopar a vacina do coronavirus. O primeiro que necesitan para poder atopala é investigar este virus e para iso todo científico precisa un microscopio. Animádesvos a crear un?

Na seguinte imaxe déixovos as instruccións

 

Para poder usar o microscopio tedes que imprimir (podedes atopar os imprimibles no PDF das fichas técnicas que vos deixo máis abaixo nos documentos adxuntos/anexos) ou debuxar e pintar vós un montón de virus, xermes e bacterias. Tamén podedes debuxar animais mariños, planetas, plantas… así converterédesvos en biólogas e biólogos mariños, astronautas, botánicas e botánicos… Deixade voar a vosa imaxinación e debuxade todo o que vos apeteza descubrir co voso microscopio, incluso debuxar letras para atopar con el palabras secretas, etc.

Despois pegades o papel (cos vosos debuxos) debaixo da bandexa de vidro ou plástico transparente (é importante que sexa debaixo para que non se molle), e enchemos a bandexa de auga con colorante alimentario negro ou un pouquiño de témpera negra.

A continuación metemos o vaso e movémolo polo fondo para atopar os debuxos.

Este experimento está recollido en “Experiencias y experimentos. 50 actividades sensoriales para entretenerse en casa” de @diverbichillos.

 

Para rematar aquí podedes ver os traballiños adicados ao morcego Aurelio

Chibos, Chibóns

 

Parabéns José! Este conto vai adicado a ti e os teus compañeir@s.

Comezamos pola visualización deste conto que como protagonista ten a tres chibos (pequeno, mediano e grande). Éstes, trazarán un plan para enganar a un malvado ogro, demostrando que máis vale utilizar a maña e a astucia co enfrontamento físico.

 

Trala visualización do conto propóñovos unha divertida actividade. Consiste en buscar obxectos que teñades nas vosas casiñas coas que facer unha colección cuxo criterio a seguir sexa o tamaño grande, mediano e pequeno. Aquí vos deixo algunha imaxe de exemplo feita con zapatos. Espero que me enviedes as fotiños coas vosas series.

 

Tamén vos deixo o enlace a unha divertida canción que podedes acompañar rítmicamente como se amosa na imaxe con partes do vos corpo ou con instrumentos musicais que teñades pola casa (por exemplo o pau de chuvia que vos propuxo facer a profe Catuxa). Premede na imaxe para ir o sitio web.

 

Por útimo, se queredes facer algunha cousiña máis... podedes elexir imprimir algunas das seguintes fichas en relación ao conto. As mesmas quedan como arquivo adxunto na sección de anexos.

 

Máis traballiños que van chegando

Seguen traballando moito e polo tanto sigo recibindo moitos traballiños destes pekes que tanto se esforzan semana tras semana xunto cas súas familias.

NORABOA!!!

PARABÉNS NAIARA !!!!!

Desexámosche un Feliz día e Feliz Aniversario. Esperamos que che guste este conto titulado: "COAS MANS BALEIRAS"

Ademáis este conto fai un repaso por moitos elementos presentes no noso medioambiente nunha semana na que el é o protagonista.

 

Aquí che deixamos a nosa tarta con esta simpática animación. QUE SOPRES MOITAS VELAS MÁIS !!!! Espero que che gusten os debuxos e vídeos de todos os teus compañeiros, xa que os fixeron con todo o cariño para ti (envieinos ó voso correo familiar). 

Collages de tarefas propostas

O CAZO DE LORENZO

 

O OSO ATRAPABOLBORETAS

 

POLO CAMIÑO

Aurelio e as vogais

Para comezar esta nova semana vouvos a deixar un conto  titulado “Aurelio” no que un morcego rouba as cinco vogais para facer o seu nome. Con este conto repasaremos o aprendizaxe das cinco letras vogais en minúscula.

 

 

Trala visualización do conto propóñovos varias actividades. Na primeira deberán atrapar (rodear) cada vogal dunha cor diferente e colorear ao morcego Aurelio. Podedes imprimir as fichas que vos deixo en documentos adxuntos ou crear as vosas propias fichas na casa. Velaquí un exemplo de como debería quedar unha vez realizada polos nenos.

 

Se buscamos as cinco vogais noutros nomes a cousa pódese complicar, pero seguro podedes atrapar as mesmas sen problema. Para atrapar as vogais noutros nomes precisamos escoller o nome de dúas das profes por exemplo: NOELIA e CATUXA. Intentade ler e descubrir as súas vogais e logo rodealas. Unha vez feito co nome d@s profes podedes colocar os nomes dos vosos "compis" de clase. Recordade que podedes escribir os nomes vos sos, repasar puntiños, empregar letras maiúsculas ou minúsculas... 

Déixovos a ficha co nome das profes en Anexos (documentos adxuntos) para identificar as vogais.

 

Outra actividade podería ser titulada “como soa?” No conto aparecen diferentes palabras formadas imitando sons reais. Cos coñecementos que xa temos acerca das vogais podedes descargar un pequeno caderno que vos deixo se premedes na imaxe. A primeira imaxe do caderno descargable é unha vaca, podedes escribir o “U” ou o “MUUUU” completo.

 

 

Unha actividade máis manipulativa pode ser a denominada “Os tarros do morcego Aurelio”. Esta actividade consiste en ir gardando en cada tarro palabras que conteñan esa vogal. 

 

 

Para rematar, como non sei qué tal levades o caderniño de vogais... Déixovos máis fichiñas de repaso das mesmas, en minúscula, para aqueles casos que xa o rematarades. Premede na imaxe e levaravos a unha carpeta de Pinterest onde podedes descargar moitas actividades.

PARABÉNS MARTINA !!!!!

Hoxe é un día moi especial, posto que é o aniversario da nosa amiga Martina Bascuas. Cumpre 5 anos e con motivo desta data adicámoslle con moito agarimo o seguinte conto. "UN AGASALLO DIFERENTE".

 

PARABÉNS PARA TI DE PARTE DE TOD@S NOS 

"El Cazo de Lorenzo"

Lorenzo ten algo que o fai diferente aos demáis: un cazo que ten que arrastrar. Descubre neste conto narrado en lingua castelá que ten de especial Lorenzo e o seu cazo.

 

O reto para hoxe (unha vez visto o conto) está adicado especialmente para Lorenzo e tódalas persoas que como él, arrastran/arrastramos pequenas dificultades que nos fan especiais e únicos. 

Busca un cazo que teñas pola casa e fai un collage de tres fotos simpáticas co mesmo. Se vos animades colgarémolas todas na páxina web do cole. Aquí vos deixo o meu collage.

 

 

Xa como proposta final de traballo, déixovos un arquivo pdf para descargar. Só tedes que ir a parte de ANEXOS para baixar a ficha e xogar con Lorenzo e o seu cazo. Trátase de ordear as escenas do conto.

 

 

Oso atrapabolboretas

Vamos a escoitar esta bonita historia de bondade, amizade e axuda ós demáis

 

Se premedes nesta imaxe levaravos á unha páxina web onde podedes ver paso a paso como facer unha bolboreta empregando as vosas mans como plantilla.

 

En Pinterest tedes esta bolboreta que vos vai a encantar. Premendo na imaxe tedes un vídeo explicativo para poder ver o paso a paso.

 

Unha vez creedes as vosas bolboretas propóñovos un divertido xogo no que vos mesmos deberedes salvar ás bolboretas.

Para rematar esta proposta tedes como archivo adxunto (no lugar de anexos) dúas fichas para xogar coas simetrías.

Contando polo camiño

Vamos a contar con este divertido conto cantado

 

Aquí vos deixo unhas propostas para contar xogando

 

 

 

E se queredes máis... Aquí vos quedan unhas fichas para traballar os números e conteo (mirade na sección de anexos. Aparecerán como arquivo adxunto).

 

Máis traballiños recibidos

As pitas baixo a Choiva (Ricardo Carvalho Calero. Homenaxeado do Día das Letras Galegas 2020)

Esta é unha adaptación, realizada polo profesorado do CEIP Vilaverde-Mourente (Pontevedra), da obra AS PITAS BAIXO A CHOIVA de Ricardo Carvalho Calero, publicada por Edicións Embora e ilustrado por Alberto Toval.

 

Canción baseada no conto anterior. Vídeo e música realizados polo mestre Iván Vale

 

Nesta web atoparedes moitísimas actividades relacionadas co autor ó que se adicou o Día das Letras Galegas. Accedede premendo na imaxe de abaixo e explorade todas as súas propostas.

 

 

Déixovos aquí as actividades da anterior web máis centradas para os nen@s de infantil. Premede na imaxe para descargar as fichas PDF...

 
 

... e premede sobre as pitas para ir a unhas actividades interactivas na web da Real Academia Galega:

 
 

E xa por último, se queredes coñecer un pouquiño mellor a Ricardo Carvalho Calero… que vos parece se volo contan Os Bolechas?

 

Cánto traballan estes peques nas súas casas!!!

Hoxe os contos son narrados e representados por alumnos de 4 anos.

 

Marco coa colaboración da súa irmá Carmen

 

Martina Paulos

 

Fotiños que nos envían basadas, tamén, na proposta da Carapuchiña 

 

Obras artísticas inspiradas en Piet Mondrian

 

Os nen@s de catro anos tamén fixeron as súas árbores xenealóxicas como traballo do día das familias

 

Qué ben o fixeron !!!! 

Distribuir contido


by Dr. Radut