Skip to Content

5º infantil

Día das familias

Como proposta de traballo para o día das familias (15 de Maio) podedes facer unha árbore xenealóxica. Para iso tedes aquí, algúns exemplos de como podería quedar. Para creala podedes buscar fotos, poñer o nome de cada membro da familia ou mesmo debuxalos. De igual forma, deixo algún arquivo adxunto con plantillas de árbores xenealóxicas por se queredes empregalas.

 

Outra divertida idea sería crear algún xogo para divertirse en familia. O que vos propoño é o xogo do TWISTER. Neste cartel tedes os pasos para crealo.

 

Agardo que estas ideas vos resulten divertidas. E que pasedes un... FELIZ DÍA DAS FAMILIAS !!!

Unha proposta artística

Bo día!

A proposta para hoxe vai a ser artística ó tempo que se traballarán algunhas formas xeométricas e cores básicas.

 

Para isto escollín a MONDRIAN, un dos pintores máis coñecidos do século XX e co cal as nenas e nenos poden traballar máis fácilmente dada a simplicidade das súas obras nas que usaba figuras xeométricas básicas e cores puros.

Déixovos aquí unha das súas obras máis características

 

E a continuación varios exemplos con pautas para que os nen@s poidan recrear as obras de este famoso artista.

 

 

MANS Á OBRA ARTISTAS !!!

 


Antes de despedirme amósovos canto están a traballar os nen@s de 4 anos dende as súas casiñas. Aquí vai unha pequena mostra da súas últimas creacións. Noraboa a eles e ás familias !!!

 

 

A Carapuchiña Vermella contada con monicreques

Conto clásico da Carapuchiña Vermella 

 

Aquí vos deixo un vídeo duns nen@s que se divirten facendo os seus propios monicreques con culleres de madeira

 

Máis ideas para crear monicreques con materiais de refugallo

 

 

Como ficheiros adxuntos déixovos unhas plantillas para recortar e mesmo pintar. Con elas podedes facer títeres de dedos. Están o final desta páxina na zona que se cataloga como Anexo

 

Para rematar e como fin de tarefa vos suxiro algunha idea para facer un picnic e así poder ter unha divertida merenda.

Repasamos o proxecto das Bruxas

Empezamos coa visualización do conto... ¡COMO MOLA TU ESCOBA!

 

Continuamos con esta divertida animación. Está en inglés, pero é moi sinxelo de entender.

 

“ROOM ON THE BROOM” PÁXINA WEB DO CONTO: Nela poderedes atopar diversas APP con xogos, o trailer da película (polo de agora só dispoñible en inglés), o enlace ás contas de instagram, facebook, pinterest e youtube do conto e outras informacións diversas. 

 

 

 
 
Podedes facer un miniproxecto das bruxas para o cal vos deixo algunhas fichas e ideas para manualidades. Para iso debedes descargar os ficheiros adxuntos que aparecen nesta páxina.

A vaca que puxo un ovo

Conto narrado pola profe Noelia para felicitar a todas as nais

 

 

Unha vez rematado o conto podedes intentar debuxar unha vaca. Para iso podedes seguir estos pasos.

 

Do mesmo xeito, podes atreverte a debuxar un poliño

 

Agora é o momento de bailar e cantar. Desfruta das seguintes cancións:

 

Cociñamos con Cocorico

Despois de ver o minifilme de Cocorico, cuxo enlace é o seguinte 

https://www.youtube.com/watch?v=n8zoAcCJaaM

Escoitamos o seu conto e facemos un rico biscoito inspirado no noso amigo Cocorico

Aprendemos as vogais en minúscula

Vídeo ilustrativo sobre como traballar as mínusculas de forma manipulativa, máis plantillas e xogos.

 

 

Enlaces a carpetas con fichas de varias temáticas


LECTOESCRITURA

https://pin.it/5V2Q6yB

 

 

FORMAS XEOMÉTRICAS

https://pin.it/esxUZZM

 

 

CONTEO E SUMAS

https://pin.it/3v45mIY

 

 

CONCEPTOS E ADVERBIOS

https://pin.it/5hgJJ1k

 

SERIACIÓNS

https://pin.it/7yao0u3

 

 

PASATEMPOS

https://pin.it/1g3AQO7

 

 

TRAZOS

 

https://pin.it/mXU2Ort

 

 

LECTO E GRAFO

https://pin.it/16DS9Fl

Lecturas recomendadas

Mini proxecto do Coelliño Branco

Copito recomenda o seu conto favorito que podedes escoitar en audiolibro (canción) e tamén vos deixa un miniproxecto con fichas e divertidas ideas para disfrazarvos do coelliño branco.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut