Skip to Content

Benvidos á nosa páxina web!

O CPI de Bembibre é un centro educativo de titularidade pública, dedicado a impartir ensinanzas de Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria ubicado na vila coruñesa de Val do Dubra. Actualmente dispón de comedor, de transporte escolar e de actividades extraescolares.

 
Teléfono de contacto: 881866981
 
Correo electrónico: cpi.bembibre@edu.xunta.es

LISTAXE DEFINITIVA FONDOLIBROS CURSO 2024/25

Xa está publicada a adxudicación definitiva do fondo solidario de libros de texto. Poden consultala a través de internet se dispoñen de certificado dixital ou Chave365 (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/). No caso de non poder facelo de xeito telemático, as listaxes estarán dispoñibles no centro. Poden tamén pasar a recoller os vales.

 

LISTAXE PROVISIONAL FONDOLIBROS CURSO 2024/25

Hoxe publicamos a adxudicación provisional do fondo solidario de libros de texto. Poden consultala a través de internet se dispoñen de certificado dixital ou Chave365 (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/). No caso de non poder facelo de xeito telemático, as listaxes estarán dispoñibles no centro.

 

Prazo de reclamación: dous días.

MATERIAL DE INFANTIL PARA O CURSO 2024/25

Adxúntase o material para os tres cursos de infantil para o vindeiro curso.

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA SER COLABORADOR/A DO COMEDOR ESCOLAR

A partir de hoxe poden entregar en administración do centro o impreso de solicitude para ser colaborador/a do comedor escolar.

Teñen a posibilidade de ser colaboradores/as, as nais e pais, titores legais e acolledores do alumnado matriculado no curso 2024/25 no CPI de Bembibre. No suposto de que non se cubriran a totalidade das prazas co persoal anteriormente comentado, poderían ter acceso persoas que reúnan a condición de familiar dalgún alumno/a comensal, excolaboradores deste servizo, así como persoal que participe en programas de voluntariado social (concellos, ONGs).

 

Os/as seleccionados cobrarán unha gratificación da Consellería de Educación de 12,50 euros diarios por día de colaboración, tendo a posibilidade de xantar eses días de forma gratuita antes do inicio da garda, se así o desexan.

Os impresos de solicitude están á súa disposición na administración do centro.

 

SOLICITUDE DE COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2024-25

Xa poden entregar no centro o impreso de solicitude de comedor e transporte escolar para o curso 2024/25, que teñen á súa disposición no centro ou no arquivo arquivo adxunto desta nota informativa. Para solicitar o comedor escolar é imprescindible que entreguen tamén cuberto o anexo II de autodeclaración, que igualmente pódese recoller no centro ou descargalo directamente aquí.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024/25

Publícase no arquivo adxunto a relación de libros de texto para o curso 2024-25 para as etapas de primaria e secundaria.

CALENDARIO FINAL DO CURSO 2023/24

INFORMÁMOSLLES DAS PRINCIPAIS ACTUACIÓNS E EVENTOS DE FINAL DE CURSO:

GRADUACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

20/06/2024

GRADUACIÓN DE EDUCACIÓN SECUNDARIA:

21/06/2024

ÚLTIMO DÍA DE CLASE:

21/06/2024

DATA DA AVALIACIÓN FINAL PARA EDUCACIÓN SECUNDARIA:

24/06/2024

DATA DE AVALIACIÓN FINAL PARA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA:

25/06/2024

DATA DE PUBLICACIÓN DOS BOTELÍNS DE NOTAS

25/06/2024

PERÍODO DE RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS FINAIS PARA TODAS AS ETAPAS.

Do 26 ao 28 de xuño

CLAUSTRO FINAL DE CURSO:

28/06/2024

PARABÉNS NICO!

Nicolás Amado, alumno de 2º ESO do noso centro, participou o pasado xoves 23 de maio na Final Galega da Olimpiada Matemática xunto con 39 rapaces e rapazas de toda Galiza. Aínda que non quedaou finalista para pasar á Fase Nacional da Olimpiada, para nós é un gañador.

Parabéns, Nico!

CURSO 2024/25: FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Publicouse no DOG a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria e educación secundaria obrigatoria (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0003_gl.html- As axudas para a adquisición de libros de texto son para 1º e 2º de primaria.)

- O fondo solidario de libros de texto é para 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e para 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.

- As axudas para a adquisición de material escolar son para o alumnado de primaria e secundaria.

A partir do martes 21 de maio e ata o 21 de xuño incluído, poderán presentar vía electrónica (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) ou persoalmente na administración do centro, as solicitudes de participación.

Nos seguintes anexos poden descargar un resumo de dita Orde e os impresos de solicitude.

UN ALUMNO DO CPI DE BEMBIBRE NA FINAL GALEGA DA OLIMPIADA MATEMÁTICA

Nicolás Amado, alumno de 2º ESO do noso centro, participará este xoves 23 de maio na Final Galega da Olimpiada Matemática que se celebrará en Lugo, despois de clasificarse na Fase de Zona. 

Parabéns, Nicolás!

PECHE DO CENTRO OS DÍAS 9 E 10 DE MAIO DE 2024

O centro permanecerá pechado os días 9 e 10 de maio de 2024.

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO CURSO 24/25

Xa está aberto o prazo para solicitar becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Para máis información poden consultar a páxina web do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes:

https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2024.html

 

RELATORIO PARA FAMILIAS

Onte as familias do CEIP Plurilingüe Xacinto Amigo Lera e do CPI de Bembibre poideron asistir ao relatorio "Coidando a saúde mental dos nosos fillos e fillas" de Belén Montesa. Grazas ao CAFI, ao Concello de Val do Dubra e as ANPAS pola súa implicación e participación.

 

                                                                      

LISTAXE DEFINITIVA ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2024/25

Pódese consultar no tabolerio do noso centro ou mediante a aplicación admisionalumnado o listado definitivo do alumnado admitido no proceso de admisión para o vindeiro curso 2024/25.

Distribuir contido


by Dr. Radut