Skip to Content

Apoio

¿SABES ALGUNHA CANCIÓN PARA SALTAR Á COMBA?

O alumnos de infantil estamos practicando distintos xogos tradicionais no ximnasio. Un deles é o salto da comba. Se coñeces algunha canción ou retahíla podes compartila connosco, así poderemos aprendela e practicala!!

Grazas pola túa colaboración!!

SALTO DA COMBA

Outro dos xogos que estamos recuperando no cole é o do salto da comba. É moi sinxelo: só precisamos unha comba (corda), dúas persoas para que poidan darlle voltas e outra con gañas de saltar. De momento non lle puxemos cantiga ningunha, pero se alguén se anima a propoñernos algún...

OS XOGOS DE SEMPRE VOLVEN Ó XIMNASIO!!

Este curso estamos apreveitando algún ratiño das sesións semanais de psicomotricidade para practicar algúns xogos tradicionais. Algúns están acompañados de pequenas cancións, outros de retahílas... pero todos nos resultan divertidos!!

Seguro que os pais e nais dos nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos, estes xogos lle taen á memoria bos momentos da súa infancia, só falta retomalos no presente e compartilos cos seus fillos!!

 

ZAPATITO INGLÉS

 

 Dentro do grupo eliximos un "contador" que estará de costas ós seus compañeiros a unha certa distancia. Mentres o grupo avanza para intentar tocar o "contador", este cantará a retahíla: "Uno, dos, tres, zapatito inglés, sin mover las manos ni los pies". Cada vez que remate, xirarase para ver quen se move e mandalo comezar de novo. O primeiro en tocar ó "contador", dirá "chorizo" mentres todos escapan para evitar ser pillados, posto que de aí sairá o próximo contador.

Distribuir contido


by Dr. Radut