Skip to Content

Remexendo no pasado

Explorando o pasado do Val do Dubra

O alumnado de 3º curso realizou investigacións sobre a vida no pasado do noso concello investigando e preguntando aos seus maiores.

Fixeron enquisas, gravacións, empregaron a radio escolar e outros medios audiovisuais (cámara de vídeo, tabletas...) nos seus traballos e fixeron un mural coas fotos e recollida de datos.

Tamén se empregaron outras ferramentas como a impresora 3D, o plotter...etc para realizar diversas actividades na aula de polos creativos. Aquí tendes algúns exemplos: 

https://drive.google.com/file/d/1EdQAz_Gu9OMaMy0qfghCPrW4KyDZkKaD/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/1C2BjiBw5Cn6C7uf5rFeM6JUvF2mwrzFO/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/1GGpuwNCEIBo-Qtqq_vcFJU3kyzrYmRLW/view?usp=sharing

 

 

 

Revista de primaria

Recollemos na revista O Picoto algunhas das actividades relacionadas coa historia e coa contorna.

  • Empezamos facendo algo de turismo polo Val do Dubra, coñecendo os recunchos máis importantes do Concello.
  • Metémonos logo a ver algúns dos castelos máis importantes de Galicia facendo unhas maquetas fantásticas.
  • Recollemos unha das tradicións festivas que ainda se poden ver neste tempo de primavera, os maios
  • Buscamos algunhas lendas asociadas ao noso arte e patrimonio.

E máis cousas que podedes ler na revista

Xogos populares

Os xogos populares lévanse practicando desde hai moitos anos sen apenas cambios. Na actualidade, é difícil velos nas novas xeracións polos cambios no ocio. Dentro do proxecto dos Polos Creativos fixemos unha pequena labor de recuperación deses xogos máis populares das xeracións pasadas. En 5º e 6º de primaria recollemos eses xogos e os revitalizamos volvendo a xogar con eles nunha xornada lúdica. 

Para profundizar na forma dos obxectos, os representamos en 3D e logo os imprimimos para ter un pequeno mostrario dos xoguetes.

Elaboración artesanal de productos. Xabón e alcohol

O departamento de Física e química co alumnado de 4º de ESO recreou a elaboración de xabrón como se facía antigamente. Esencialmente é unha reacción química (saponificación) dun axente básico (NaOH) cunha grasa das que podemos atopar en calquera casa.

O proceso é esencialmente quentar os ingradientes ata que sucede a reacción e a separación en glicerol e xabón. Añadimos algún ingrediente máis para mellorar o xabón resultante e o metimos en moldes de xeo para que tiveran formas divertidas. Cada alumno/a levou para a súa casa unha pastilla para que as familias participaran da experiencia.

Fixemos tamén o proceso de obtención de alcohol como se podía facer cun alambique. Aquí emprégase un alambique de laboratorio en vez dun de metal. No noso caso, en vez de a partir do bagaño da uva, extráese o alcohol a partir dunha bebida alcoholica por medio da destilación.

Patrimonio de Val do Dubra

Comezamos as actividades relacionadas co Patrimonio de Val do Dubra. A primeira será unha actividade para alumnado de primaria na que relacionaran algún dos monumentos máis importantes do Concello coa súa localización. Para eso, o alumnado de 4º ESO deseñou uns modelos das igrexas e outros monumentos en 3D para imprimilos e en 4º de Primaria farán a escala un puzzle coas parroquias do Val do Dubra. 

Esta é unha primeira proba de pequeno tamaño da igrexa de Santa Mariña de Paramos.

Distribuir contido


by Dr. Radut