Skip to Content

SOLICITUDE DE FONDO LIBROS, AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O CURSO 2020/21

O 19 de maio de 2020 publicouse a Orde do 12 de maio de 2020 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto.

Nos arquivos adxuntos poden descargar os anexos da solicitude e o resumo da convocatoria.

Prazo: do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020

As solicitudes poden presentarse por vía electrónica empregando a aplicación informática "fondolibros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) a través da sede electrónica https://sede.xunta.gal/portada ou ben nos centros de forma presencial, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

Para a presentación no centro a Secretaría estará aberta de 10 a 14 horas.

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2020-2021

No día de hoxe publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020, que, no ámbito educativo, establece o seguinte acordo:

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN: do 11 ao 18 de maio

CURSO 2020/2021: PROCESO DE ADMISIÓN

Para o alumnado que non está matriculado neste centro nin no centro adscrito, o proceso de admisión abranguerá do día 1 ao 20 de marzo (o noso centro permanecerá pechado o día 20 de marzo, polo que o último día para facelo presencialmente no centro é o 23 de marzo). O impreso para solicitala pode recollerse na oficina de administración do CPI de Bembibre. Teñen toda a información e manuais de axuda para as familias na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

PRAZAS VACANTES:

Curso/Nivel

VACANTES

4º EI

25

5º EI

9

6º EI

7

1º EP

10

2º EP

10

3º EP

22

4º EP

9

5º EP

12

6º EP

3

1º ESO

6

2º ESO

27

3º ESO

11

4º ESO

10

Nestes datos están recollidas as reservas de 3 prazas para alumnado NEE en 1º Primaria e 1º ESO.

 

LEXISLACIÓN APLICABLE:

  • Decreto 254/2012, do 13 de decembro
  • Orde do 12 de marzo de 2013
  • Orde  do 25 de xaneiro de 2017

 

 

CURSO 2020/2021: PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS

A partir do xoves 27 de febreiro estará publicada no taboleiro de anuncios do centro a listaxe de alumnado admitido procedente do centro adscrito CEIP Plurilingüe Xacinto Amigo Lera.

 

RECOLLIDA DOS VALES PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL

Os vales para libros de texto e material xa se poden recoller no despacho de admininstración do edificio de infantil e primaria.

CALENDARIO DE EXAMES DE SETEMBRO

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS

PÓDESE CONSULTAR NO CENTRO A LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA OS CURSOS DE 3º, 4º, 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.  PRAZO DE RECLAMACIÓN ATA O 12 DE XULLO.

Material e libros de texto 2019-20

Concurso de postais de Nadal

O gañador do concurso de postais de Nadal deste ano foi Martín Ramas Muíño.

Dúas mencións especiais para Gisela Fraga Antelo e Sofía Señarís Cajaraville.

Material infantil 2018-19

EXAMES SETEMBRO CURSO 2019/2020

Celebramos o Día Internacional da Muller

Celebramos con diferentes accións o 8 de marzo, día internacional da muller.

Distribuir contido


by Dr. Radut