Skip to Content

SOMOS FINALISTAS NO XII CONCURSO DE SONDAXES E EXPERIMENTOS

Con data 02/06/2022, publicouse no sitio web da SGAPEIO o fallo do xurado que valora os traballos presentados á XII Incubadora de Sondaxes e Experimentos.

https://sgapeio.es/index.php/formacion-e-actividades/premios-sgapeio/3513-xii-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos

Na Categoría de 1º e 2º ESO, o grupo conformado por Érika, Alejandro, Leo e Anxo de 1ºA do CPI de Bembibre conseguiu participar na final galega polo que optará a ser o mellor traballo de Galicia co “É posible aprobar un exame facéndoo ao chou?”. Ademais dos premios, pelexarán por representar a Galicia na fase nacional!

Amais, dous grupos conseguiron mencións especiais do xurado:
"Como caen os zapatos?" de Diego, Tania, Julia e Samuel de 1ºA
"As marcas inflúen nos gustos?" de Sergio, Iván, Sabrina, Pablo e Adrián de 1º B

A fase final galega terá lugar na facultade de matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela nunha data aínda a determinar pola organización.

Dende o CPI de Bembibre presentáronse traballos de 13 grupos dos cursos 1º e 2º ESO, todos eles cunha calidade moi significativa. Aínda que só tres deles teñan recoñecemento da organización en forma de premios, dende o Departamento de Matemáticos queremos extender os nosos parabéns a todas e todos os participantes polo esforzo na execución e redacción dos diferentes estudos estatísticos.

Parabéns!

LISTAXE DEFINITIVA ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022/23

Pódese consultar no tabolerio do noso centro ou mediante a aplicación admisionalumnado o listado definitivo do alumnado admitido no proceso de admisión para o vindeiro curso 2022/23.

BOLSAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Ábrese o prazo para solicitar axudas para o alumnado con necesidades espeíficas de apoio educativo. O prazo remata o 30 de setembro de 2022. Máis información no arquivo adxunto.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2022/23

Ábrese o prazo para a participación no fondo solidario de libros de texto e convócanse axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, secundaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o vindeiro curso. Poden consultar a ORDE na seguinte ligazón:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210520/AnuncioG0598-070521-0001_es.html

As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica empregando a aplicación "fondolibros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/), a través da sede electrónica da Xunta de Galica (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B) ou presencialmente no centro docente.

Prazo de presentación das solicitudes: do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022.

 

 

III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

O Departamento de Matemáticas convoca o III Concurso de Fotografía Matemática para o alumnado de secundaria. Pódense consultar as bases e o cartel nos arquivos adxuntos.

LISTAXE PROVISIONAL ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022/23

Pódese consultar no tabolerio do noso centro ou mediante a aplicación admisionalumnado o listado provisional do alumnado admitido no proceso de admisión para o vindeiro curso 2022/23.

REVISTA SECUNDARIA

Achégase a revista que recolle as actividades realizadas polo alumnado de secundaria durante a segunda avaliación.

BECAS DE CARÁCTER XERAL PARA O CURSO 2022/2023

O sábado 10 de marzo publicouse no BOE a nova convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2022/2023.

O prazo para presentar as solicitudes é do 30 de marzo ao 12 de maio, inclusive.

Máis información na seguinte ligazón:

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

ABERTO O PRAZO DE ADIMISIÓN PARA O CURSO 2022/23

Do 1 ao 21 de marzo está aberto o prazo de admisión para o alumnado que se incorpora ao sistema educativo ou cambia de centro. A solicitude pódese cubrir na aplicación admisionalumnado e presentar en Sede electrónica, ou pódese entregar de forma presencial no centro. Nos arquivos adxuntos pódese descargar a o impreso da solicitude e a documentación a presentar.

 

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS

Xa se pode consultar no taboleiro do centro, ou mediante Chave 365 a listaxe definitiva do alumnado procedente do centro adscrito que obtivo praza neste centro.

REVISTA SECUNDARIA

Achégase a revista que recolle as actividades realizadas polo alumnado de secundaria durante a primeira avaliación.

 

 

APERTURA DO PERÍODO DE RESERVA DE PRAZA PARA OS CENTROS ADSCRITOS

Dende o 11 de xaneiro ata 8 de febreiro estará aberto o prazo de reserva para os centros adscritos. 

A solicitude poderá cubrirse na aplicación admisionalumnado e presentarase na Sede Electrónica, ou de forma presencial no centro de orixe do alumnado.

ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES AO CONSELLO ESCOLAR

Xa están expostas no taboleiro da entrada do edidicio de educación infantil e primaria, as listaxes coas candidaturas dos diferentes sectores.

As eleccións celebraranse o vindeiro 23 de novembro cos seguintes horarios de voto:

- Nais e pais: das 9:00 horas ás 16:15 horas.

- Persoal de servizos: das 9:30 horas ás 10:00 horas.

- Alumnado: das 12:50 horas ás 13:10 horas.

- Profesorado: claustro extraordinario ás 16:30 horas.

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR DO CPI DE BEMBIBRE

No vindeiro mes de novembro celebraranse as eleccións para designar aos novos membros do Consello Escolar. Nese proceso elixiranse representantes dos colectivos do profesorado, alumnado, persoal de servizos, nais e pais, ANPA e Concello.

Durante o tempo que dure o proceso, os diferentes sectores da comunidade escolar recibirán información detallada sobre o procedemento para que poidan presentar as súas candidaturas, ou exercer o seu voto para elixir aos candidatos. 

LISTAXE DEFINITIVA FONDOLIBROS SECUNDARIA

Xa se pode consultar no centro ou na aplicación Fondolibros a listaxe definitiva do préstamo de libros de texto para secundaria para o curso 2021-22.

Distribuir contido


by Dr. Radut