Skip to Content

ENDL

ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME LINGUA DE NAMORAR

Esta pasada fin de semana tivo lugar a entrega dos Premios do Certame de Declaracións de Amor na rede Lingua de Namorar, organizado pola Secretaría Xeral e pola Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. A alumna do noso centro INES AMADO RODRÍGUEZ de 4º da ESO acadou o 2º Premio na categoría de alumnado de Educación secundaria coa mensaxe "Escribindo poesía". 

Unha vez máis, Moitos Parabéns Inés!!! Aquí vos deixamos uns enlaces da noticia á TVG e á páxina da xunta e Consellaría correspondente.

                                          

TVG: http://www.crtvg.es/informativos/lingua-de-namorar

Festa da Lingua 2017

Hoxe o alumnado do centro participou na Festa da Lingua en Portas, organizada pola Coordinadora comarcal dos Equipos de dinamización da lingua do Umia. Puideron gozar das actuacións musicais dos demais centros escolares e das creacións gañadoras dos concursos de micropoemas e microrrelatos. A nosa alumna Inés Amado Carballo, de 4º ESO, foi a seleccionada na categoría C2 (3º e 4º ESO) de entre todos os centros da comarca do Umia. Foi unha xornada de convivencia coa lingua galega como fío contudor. Parabéns a Inés e a todo o alumnado dos demais centros.

Coma sempre, premede nas imaxes ou visitade a nosa galería de fotos para ver como se desenvolveu a xornada.

                             

Obradoiro e Contacontos con César Cambeiro. Dragal 2017

Os dragóns continúan no noso centro e desta volta reviviron, xunto con cabaleiros e doncelas medievais, grazas ao contacontos e actor César Cambeiro, que na tarde do martes 25 actuou ante o alumnado da ESO.

A rapazada, moi curiosa e atenta, participou na posta en escena e aprendeu a compoñer regueifas e así enfrontarse verbalmente ante os contrincantes.

Esta visita forma parte do Proxecto Dragal da Secretaría Xeral de Política Lingüística no cal estamos a participar xunto con outros cinco centros de toda Galicia. O 31 de maio coñeceremos os dragaliños e dragaliñas dos demais centros educativos cos cales simularemos ser cabaleiros e doncelas reais nun xogo de rol no Pico Sacro. Agardamos con moita ansia ese encontro.

Aquí vos deixamos algunhas fotos da actuación con César Cambeiro.

                                     

PREMIOS LINGUA DE NAMORAR 2017

A alumna do noso centro Inés Amado Rodríguez, de 4º da ESO, acadou o SEGUNDO PREMIO DO CONCURSO "LINGUA DE NAMORAR" na categoría de alumnado de Educación Secundaria coa seguinte mensaxe:

"Decidiches escribir poesía comigo, empregando metáforas atopadas nos meu ollos, redactando versos sacados dos meus beizos, engadindo refráns arrincados das nosas vivencias... Desexaches que formase parte desta historia, sendo así o capítulo culminante da túa vida. Decidiches escribir poesía comigo, e nela me enclaustrei para non perderte xamais..."

Moitos parabéns Inés, de parte de todos/as os/as teus compañeiros/as e todo o profesorado do teu colexio.

Se queredes máis información premede nesta imaxe

                                          

Obradoiro de Toponimia con Vicente Feijoo

Na tarde do martes, visitou o noso centro Vicente Feijoo Arán, responsable da Comisión de Onomástica e Toponimia da Real Academia Galega, que lle transmitiu a todo o alumnado de secundaria a importancia da toponimia como patrimonio inmaterial e animou á investigación dos topónimos e micropónimos cuntienses para posteriormente incluílos na aplicación informática oficial.

O alumnado estivo atento e amosou moito interese polos nomes dos lugares. O tempo quedou curto xa que houbo moitas preguntas e por iso esperamos que poida volver dentro duns meses para aclarar dúbidas e aspectos sobre os nomes dos lugares onde vive o noso alumnado.

Esta actividade está vinculada con dous proxectos que se están a levar a cabo no centro: o proxecto Dragal e o de Dimanización lingüística.

Premede na imaxe para ver algunhas fotos.

                                

Photocall do Día de Rosalía

O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía cunha serie de actividades organizadas pola profesora do departamento de Lingua Galega e coordinadora do EDNL do noso centro Natividad Diéguez, e coa colaboración da profesora do departamento de língua castelá Susana Sánchez; entre estas actividades, que ademáis foron gravadas e emitidas pola TVG no espazo Galicia Noticias, estaba un photocall no corredor principal do colexio e un ManequinChallenge que fixeron os/as rapaces/as de primeiro da ESO.

Premede nestas imaxes ou visitade a nosa galería de fotos para botar unha ollada aos mellores momentos do photocall.

       

Celebrando a Rosalía na TVG

Un equipo de informativos da TVG visitou esta mañá o noso centro para grabar unha das actividades que estamos a desenvolver con motivo do Día de Rosalía. Tiñamos preparado un photocall no corredor principal e volvemos por en marcha o MannequinChallenge que fixeron os rapaces de primeiro da ESO coa colaboración das profesoras de língua galega Natividad Diéguez e de língua castelá e coordinadora do Club de lectura Susana Sánchez
Aquí vos deixamos o enlace á reportaxe no minuto 49,34.

Cambio de roles

Esta semana, a alumna de 1º da ESO, Sara Sabir Moussaqhi estivo dando clase en 4º da ESO sobre a súa cultura de orixe, a árabe.

Na súa exposición, tratou varios aspectos como a comida, o alfabeto árabe, a vestimenta e a música. O alumnado, curioso polos costumes árabes, fixo moitas preguntas e ao final Sara organizou un pequeno concurso de preguntas sobre a súa intervención.

Como podedes ver, a adaptación de Sara é estupenda e é unha marabilla escoitala falar en galego.

Velaquí o vídeo da súa exposición e algunhas FOTOS desta clase tan diferente.

                                    

Concurso Telearqueoloxía

O alumnado da materia de Paisaxe e Sostibilidade de primeiro da ESO do noso colexio realizou co profesorado de Plástica e Galego unha curtametraxe titulada "Castrolandín" para un concurso, premede no seguinte enlace para velo e se vos gusta votádeo por favor! Graciñas!

                   

                                        http://telearqueoloxia.museo.depo.es/index.php/lascas/

Falando con Manuel Núñez da súa obra

Este martes 22 de novembro de 2016 visitou o noso centro o autor Manuel Núñez Singala coas súas obras Mar de Fondo e Camiños na Auga. Mantivo un encontro moi interesante con todo o alumnado de Secundaria do noso colexio no que intercambiou opinións e moitas máis historias humanas e vitais. 

                                             

Aquí podedes ver algunhas das fotos que sacamos deste encontro premendo nas imaxes ou visitando a nosa galería.

Distribuir contido


by Dr. Radut