Skip to Content

Obradoiro e Contacontos con César Cambeiro. Dragal 2017

Os dragóns continúan no noso centro e desta volta reviviron, xunto con cabaleiros e doncelas medievais, grazas ao contacontos e actor César Cambeiro, que na tarde do martes 25 actuou ante o alumnado da ESO.

A rapazada, moi curiosa e atenta, participou na posta en escena e aprendeu a compoñer regueifas e así enfrontarse verbalmente ante os contrincantes.

Esta visita forma parte do Proxecto Dragal da Secretaría Xeral de Política Lingüística no cal estamos a participar xunto con outros cinco centros de toda Galicia. O 31 de maio coñeceremos os dragaliños e dragaliñas dos demais centros educativos cos cales simularemos ser cabaleiros e doncelas reais nun xogo de rol no Pico Sacro. Agardamos con moita ansia ese encontro.

Aquí vos deixamos algunhas fotos da actuación con César Cambeiro.

                                     



portada | by Dr. Radut