O presidente da Xunta recibiu esta mañá ao alumnado premiado nas olimpíadas nacionais de Formación Profesional

Destaca o labor e a implicación de todo o sistema educativo e incide en que, grazas ao esforzo conxunto, a FP galega é sinónimo de calidade, profesionalidade e emprego

<<<<  Mais en nova da Xunta.gal >>>>

Probas de acceso a grao medio. Listaxes provisionais de inscrición e exencións. Convocatoria 2019

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e as listaxes de exención para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Período de reclamación: do día 8 ao 12 de abril, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

Nove medallas para o alumnado galego nas olimpiadas nacionais de FP

Participantes do CIFP Ferrolterra

  • En Mecatrónica Leonardo Arturo Lonzoy Saavedra e Rafael Regueiro Carballeira (titorados por José antonio Gómez Rodríguez) .
  • En Carrocería Cristian Docal Fdez

 

 

  • Os alumnos Leonardo Arturo Lonzoy Saavedra e Rafael Regueiro Carballeira (titorados por José antonio Gómez Rodríguez) .
  • Obtiveron medalla de Bronce
 
 
Os nosos parabéns e agradecemento a toda a comunidade educativa que participou neste evento.

Acreditación de competencias. Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas. Convocatoria 2019

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e de persoas excluídas por non cumprir os requisitos para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2019.

 << Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas por unidade de competencia >> 

<< Excluídos por non cumprir os requisitos da convocatoria >>

 

 <<acceso a aplicación>>

<<máis información>>

II Torneo de Robótica na EUP

Máis de 170 estudantes participan no II Torneo de Robótica que organiza a Escola Universitaria Politécnica

Dous equipos participantes foron do noso centro, compostos por 6 estudantes dos ciclos de Telecomunicacións e do ciclo de Robótica industrial

Spainskills 2019

 

O recinto feiral IFEMA en Madrid acollera durante as datas do 27 ao 29 de marzo a celebración dos campionatos de Formación Profesional "Spainskills 2019", onde alumnado de formación profesional de todas as Comunidades Autónomas competirá nas diversas probas técnicas correspondentes a 26 especialidades profesionais, para alzarse coas medallas de ouro, prata ou bronce.

O noso centro participa en duas categorias  " Sorte os nosos equipos "

 

<< SpainSkills 2019. Participantes da delegación galega >>

 

<< Spainskills Madrid 2019 >>

 

CONVOCATORIA ABERTA DE EDUEMPRENDE IDEA

É un concurso que pretende potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

Poderá participar o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

  • Estar matriculado no curso 2018-2019 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño sostidas con fondos públicos.
  • A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.
  • Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Premios

  • Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.

    • Modalidade A: ciclos de grao superior
      • Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
      • Asesoramento técnico do IGAPE
      • Dotación económica:
        • 1º premio: 3.000 euros
        • 2º premio: 2.000 euros
        • 3º premio: 1.000 euros
    • Modalidade B: ciclos de grao medio
      • Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
      • Asesoramento técnico do IGAPE
      • Dotación económica:
        • 1º premio: 3.000 euros
        • 2º premio: 2.000 euros
        • 3º premio: 1.000 euros

              -- Mais Informacion --

Probas de acceso a grao superior. Listaxe definitiva de solicitudes e exencións. Convocatoria 2019

Publicadas a listaxe definitiva de solicitudes e a resolución definitiva de exencións

para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2019.

 

- Listaxe definitiva de solicitudes e exencións

- Máis información sobre a convocatoria

Educación impulsa a FP Dual en Ferrolterra

20/02/2019
Europe/Madrid
   
   

 

A conselleira Carmen Pomar asinou un protocolo de colaboración cos representantes das organizacións empresariais liderados por Navantia, Aclunaga, Asime, Cofer, Asociación de Empresarios de Ferrolterra, Asociación de empresas do Sector Naval Público da Ría de Ferrol e a Asociación de empresas Siderometalúrxicas da Coruña.

Mais Informacion: Edu.Xunta.Gal

ou

Diario de Ferrol

Charla Programas Iniciativa Xove e Galeuropa 2019

Xoves 14/2/2019 de 12:00 a 12:30. Salón de Actos CIFP Ferrolterra. Charla Programas Iniciativa Xove e Galeuropa 2019 por parte dun técnico de RGdinamización (Dirección Xeral de Xuventude). 

Están convocados os alumnos de segundo curso de todos os ciclos formativos e todos aqueles que teñan interese neste ProgramaSonrisa