CONVOCATORIA ABERTA DE EDUEMPRENDE IDEA

 

É un concurso que pretende potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

Poderá participar o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

  • Estar matriculado no curso 2018-2019 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño sostidas con fondos públicos.
  • A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.
  • Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Premios

  • Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.

    • Modalidade A: ciclos de grao superior
      • Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
      • Asesoramento técnico do IGAPE
      • Dotación económica:
        • 1º premio: 3.000 euros
        • 2º premio: 2.000 euros
        • 3º premio: 1.000 euros
    • Modalidade B: ciclos de grao medio
      • Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
      • Asesoramento técnico do IGAPE
      • Dotación económica:
        • 1º premio: 3.000 euros
        • 2º premio: 2.000 euros
        • 3º premio: 1.000 euros

              -- Mais Informacion --