Prazos do proceso de admisión nos centros (Réxime ordinario e adultos)

 

Presentación da solicitude:

Deberase cubrir unha única solicitude para cada modalidade e grao, utilizando o asistente informático que estará dispoñible en

https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/

A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico.

Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique

que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP

sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada.

 

 

<<<< Ver formato Ampliado >>>>