Prazas liberadas!!!!!

 

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde o día 21 ás 9:00 horas ata o día 2 de outubro ás 13:00 horas.

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para as ensinanzas correspondentes.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada.

Para solicitar a matrícula en ciclos do réxime ordinario con prazas liberadas empregarase o anexo I.

Para solicitar a matrícula en módulos do réxime para as persoas adultas con prazas liberadas empregarase o anexo II.

A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.

Tedes toda a información en: http://www.edu.xunta.gal/fp/ciclos-liberados-convocatoria-2020-21