blogue deraquelrh

 

Clases de Inglés para tod@s!!!!!

 

Abrese o prazo de solicitude de praza para o Curso de Inglés gratuito que se vai impartir no centro a partir do segundo trimestre. Podedes apuntaros tod@s: profes, alumnos, persoal non docente...Guiño 

O curso será fundamentalmente de convesación, que é no que fallamos tod@s.Ánimo que esta vez podemos co inglés!

Os interesados debedes cubrir este formulario antes do día 21 de decembro

https://goo.gl/forms/wPNEtxlt8IAl82AC2

Comenzo das clases: Xaneiro 2018

Datas para o Curso de Plataformas Elevadoras 2017!!

Datas para o Curso de Plataformas Elevadoras (8h): Sesión teórica cos Riscos Específicos de plataformas elevadoras. Día 18 de Decembro de 16:00 a 20:00 no Salón de Actos do centro. É obligatoria á asistencia á parte teórica para facer a parte práctica.

Parte Práctica, en grupos reducidos distribuidos nas datas seguintes: Días 20, 21 de Decembro. De 9:30 a 18:00. Os grupos e días se coordinarán co relator ao finalizar a sesión teórica.

Os interesados deben apuntarse ate o día 17 de novembro.Tamén se poden apuntar profesores. Non hai límite de plazas e poden inscribirse alumnos de 1º, segundo, modular e AFD. O enlace para inscribirse no Curso de plataformas elevadoras é: 

https://goo.gl/forms/QWlGd7Oa1NfUgzug2

 

O custe será de 20€, que deberedes formalizar en Vicedirección dende o día 20 ate o 24 de novembro.  Deberedes estar inscritos para formalizar o pago.

Datas Curso Traballos en Altura 2017!!!!

Datas para o Curso de Traballo en Altura (8h): Sesión teórica cos Riscos Específicos de traballo en altura. Día 27 de Novembro de 16:00 a 20:00 no Salón de Actos do centro. É obligatoria á asistencia á parte teórica para facer a parte práctica.

Parte Práctica, en grupos de 5 persoas distribuidos nas datas seguintes: Días 29, 30 de Novembro e 13, 14 de Decembro. De 15:30 a 21:30. Os grupos e días se coordinarán co relator ao finalizar a sesión teórica.

Os interesados deben apuntarse ate o día 17 de novembro no enlace web.Tamén se poden apuntar profesores.Guiño Non hai límite de plazas e poden inscribirse alumnos de 1º, segundo, modular e AFD. O enlace para inscribirse no Curso de Traballos en Altura é: 

https://goo.gl/forms/PV3nDMFSlwyd6GMl1

O custe será de 25€, que deberedes formalizar en Vicedirección dende o día 20 ate o 24 de novembro.  Deberedes estar inscritos para formalizar o pago.

Formación Complementaria: Curso de Plataformas Elevadoras 2017/2018. Aberto o prazo de inscripción!!!!!

Está aberto o plazo de inscripción para o Curso de Plataformas Elevadoras. (8 horas)

Aínda están por determinar as datas, pero intentaremos que sexa a finais de decembro de 2017. Serán duas sesións, unha de 4 horas cos riscos específicos e outra de carácter práctico.

Tamén se poden apuntar profesores.
Os interesados deben apuntarse ate o día 17 de novembro
O custe será aproximadamente de 20€, que deberedes formalizar máis adiante, cando xa saibamos as datas exactas do curso. Non hai límite de plazas e poden inscribirse alumnos de 1º, segundo, modular...
O enlace para inscribirse no Curso de Plataformas Elevadoras é: 

https://goo.gl/forms/QWlGd7Oa1NfUgzug2

Formación Complementaria: Curso de Traballos en Altura 2017/2018

 

Está aberto o plazo de inscripción para o Curso de Traballos en Altura.

Aínda están por determinar as datas, pero intentaremos que sexa a finais de decembro de 2017. Serán duas sesións, unha de 4 horas cos riscos específicos e outra de carácter práctico en grupos de 5 persoas.

Tamén se poden apuntar profesores.Guiño

Os interesados deben apuntarse ate o día 17 de novembro.

O custe será aproximadamente de 20€, que deberedes formalizar máis adiante, cando xa saibamos as datas exactas do curso. Non hai límite de plazas e poden inscribirse alumnos de 1º, segundo, modular...

O enlace para inscribirse no Curso de Traballos en Altura é: https://goo.gl/forms/PV3nDMFSlwyd6GMl1

Selección FP Dual Mecatrónica - Navantia

Achégase Listaxe de Seleccionados para FP Dual Mecatrónica e Reservas.

Recórdase que é requisito indispensable para ser baremado obter un mínimo de 20 puntos na proba de coñecemento.

Reclamacións: 12 de xullo ate as 13:00h

Publicación de Listaxes definitivas: 13 de xullo

Matrícula: Do 14 ao 21 de xullo

Diplomas Carretillas e Ponte Grúa en Conserxería

Tedes os Diplomas dos cursos de Carretillas e Ponte Grúa en Conserxería. Xa podedes pasar a buscalos ;)

Baremo Provisional FP Dual Mecatrónica 2017/2018. Data Proba Coñecemento

Achegase a baremación provisional hoxe día 7 de xullo e establécese un plazo de Reclamacións sobre a baremación en relación á documentación xa achegada coa solicitude: Días 10 e 11 de Xullo ate as 13:00h

Data da Proba de coñecemento: Martes 11 de xullo de 2017 ás 10:00

Será necesario o DNI (o similar) para poder realizar a proba.

Material necesario: Calculadora non programable, compás, transportador de ángulos, escuadra, cartabón e regla.

Recoñecementos Médicos Previos: Co obxectivo de que o persoal en prácticas teña as mesmas condicións de prevención e protección que os empleados cos que compartirán o posto de traballo/practicas, os alumnos que resulten seleccionados para cursar FP Dual en Mecatrónica terán que pasar unha calificación de aptitude médica previa á entrada nas instalacións de Navantia

Admisión FP Dual

Prazos de presentación de solicitudes Desde o día 22 de xuño ata ás 13:00 horas do día 30 de xuño de 2017.  

Documentación

A solicitude de admisión, anexo I, deberá ir acompañada da seguinte documentación:

a) Copia do DNI ou NIE

b) No caso de non ter realizado os estudos ou as probas de acceso no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, certificación académica na que conste o expediente académico e o depósito do título, de ser o caso, ou o certificado da superación da proba de acceso ao ciclo formativo ou da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

c) Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo https://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae.  

Máis información: http://www.edu.xunta.es/fp/orde-13-xuno-2017-pola-que-se-autorizan-proxectos-experimentais-fp-dual

<<Instrucións>>

<<Anexo I galego>>

<<Anexo I castelán>>

<<Baremo>>

 Listaxe Provisional de Solicitudes: http://www.edu.xunta.es/fp/fp-dual-listaxes-provisionais-solicitudes-2017-2018

 

CIFP Ferrolterra: único centro da comarca de Ferrol premiado na presente edición de Proxectos de Innovación

O noso centro, o CIFP Ferrolterra, resultou premiado polos proxectos:

Xestión e almacenamento de residuos no CIFP Ferrolterra, no que colaboran os centros CIFP As Mercedes e o CIFP Porta da Auga xunto coas empresas Navantia S.A. e Protección Medio Ambiental S.L. (PMA) cunha dotación económica de 12.559,22 €

Proxecto Francobordo: adestrador de instalacións navais, no que colabora o IES de Fene, xunto coas empresas Navantia S.A. e Talleres Mecánicos S.L cunha dotación económica de 24.638,36 €

 

 

http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/21192/xunta-premia-proxectos-innovacion-ideados-por-18-centros-educativos-publicos