Skip to Content

 

5º Curso

Actividades de verán para 5ºB

Estimadas familias. 

Premendo no seguinte enlace tedes as actividades que recomenda o profe Beni para realizar no verán. 

Un saúdo.

Obradoiro de Bebidas saudables.

O pasado mércores o alumnado de 5º curso de Educación Primaria, puido disfrutar do obradoiro que, como en anos anteriores, se realiza no centro. E un achegamento do alumnado ao mundo da saúde e das bebidas sudables realizadas con froita fresca e produtos sans e agardando o afastamento deste das bebidas alcohólicas, tan presentes na nosa sociedade.

Polo observado, tanto o alumnado participante como o profesorado e os monitores da Asociación SPAD desfrutaron dunha sesión que durou dúas horas pero que coma sempre merece a pena!

Charla de Unións agrarias

22/11/2012 12:00
22/11/2012 13:00
Etc/GMT+1

O alumnado de 5º tivo a oportunidade de aprender a importancia de coidar e mellorarmos o noso medio, fonte de recursos e valor de futuro para as nosa terra. Todo grazas á colaboración de Unións Agrarias.

Bebidas saudables

22/03/2012 12:00
Europe/Madrid

O alumnado de 5º aprenderá mañá dunha maneira moi especial a importancia das bebidas saudables. As profesionais do SPAD de Vilagarcía (Servizo de Prevención de Drogodependencias) serán as responsables de ensinarlle a diferenciar, valorar e sentir a necesidade de tomar  bebidas saudables.

Pola vila de Cambados: A Biblioteca Municipal

26/04/2011 00:55
26/04/2011 10:55
Etc/GMT+1

O martes día 26, o alumnado de 5ºB fará un pequeno percorrido pola vila de Cambados, para coñecer a Biblioteca Municipal, ubicada na restaurada Casa dos Fraga.

 

VIsita ás Illas Cíes

05/04/2011 09:15
05/04/2011 19:30
Etc/GMT+1

O día 5, o alumnado de 5ºB poderá coñecer as Illas Cíes e poñer en práctica as nocións que puideron aprender na charla que as especialistas no Parque das Illas atlánticas impartiron no centro.

Visita ao Parque Natural das Illas Cíes

29/03/2011 09:00
29/03/2011 19:00
Etc/GMT+1

O alumnado de 5º B poderá coñecer e aplicar as reflexións que sobre o "Parque Natural das Illas Atlánticas" recibiron no centro.

Visita ao Asilo

21/12/2010 10:15
21/12/2010 11:30
Europe/Madrid

O alumnado de 5ºA acodirá o martes ao Asilo de Cambados para facerlles unha visita aos nosos maiores, cantarlles unhas panxoliñas e deixarlles, no nome de todos os nenos e nenas do colexio un agasallo de Nadal, levándolles os cartos que se recaudaron coa venta dos calendarios. Agradecémoslle a todo o alumnado e ás súas familias a súa colaboración. Esperamos que os nosos anciáns poidan pasar tamén unhas moi felices festas.

Visita ao Museo de Pontevedra do alumnado de 5º

20/10/2010 00:15
20/10/2010 12:15
Etc/GMT+1

Hoxe o alumnado de 5º visita as diferentes salas de exposición do Museo Provincial de Pontevedra.

Visita á Illa de Sálvora

13/04/2010 00:00
13/04/2010 17:00
Etc/GMT+1

En relación coa participación do programa do Parque das Illas Atlánticas o alumnado de quinto vai visitar, xunto cos seus titores e cos responsables do Parque, a Illa de Sálvora.

Distribuir contido


by Dr. Radut