Skip to Content

 

PERIODO DE ADMISIÓN E PRAZAS VACANTES NO CEP ANTONIO MAGARIÑOS PARA O CURSO 2023/24

Estimadas familias, recordámosvos que o periodo de admisión está aberto ata o 20 de marzo.

 

 

POSTOS ESCOLARES DISPOÑIBLES PARA O CURSO 2023/24

EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

Curso

Prazas vacantes

 

Prazas totais

Primeiro

Curso (1º)

25

Segundo

Curso (2º)

 36

50

Primeiro

Curso (3º)

 13

50

Segundo

Curso (4º)

 24

50

Primeiro

Curso (5º)

 24

50

Segundo

Curso (6º)

 20

50

                                                         

Na seguinte ligazón podedes acceder á orde que regula a admisión de alumnado nos centro educativos de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_es.pdf 

Homenaxe a Rosalía de Castro

Hoxe, no Magariños festexamos o Día de Rosalía. Participou todo o cole e creamos "O Xardín de Rosalía". Deixámosvos unha pequena mostra da actividade realizada no centro.

Clica aquí.

 

RESERVAS DE PRAZAS NO IES RAMÓN CABANILLAS

Estimadas familias:

informámosvos que todas as reservas de prazas realizadas para o IES Ramón Cabanillas para o vindeiro curso 2023/2024, están admitidas.

 

Así mesmo, hai unha listaxe cos nenos e nenas admitidos/as procedentes da EII da Pastora, na entrada principal do centro.

 

Día de Rosalía no Magariños (23/02)

O 23 de febreiro imos celebrar o Día de Rosalía. Prantaremos aromáticas e leremos poemas da escritora.

Así traballaron o alumnado e as profes Rosa e Pilar nestes días de vacacións para que o terreo estea listo o xoves.

 

 

Collage

DÍA DE ENTROIDO NO COLE

Dámola volta ao mundo dende o CEP Antonio Magariños!

ENTROIDO NO MAGARIÑOS. FEBREIRO DE 2023

Aquí vos deixamos o tríptico coas coplas que interpretará o alumnado do cole no Festival de Entroido.

O ALUMNADO DO COLE APRENDE INGLÉS CO TEATRO

Todo o alumnado do noso centro asistiu onte xoves, 9, a sesións de teatro en inglés. Esta actividade formativa desenvolveuse no Auditorio Municipal "A Xuventude". Actuou a compañía ChameleonTheatre.

 

O ALUMNADO DO COLE APRENDE INGLÉS CO TEATRO

ENTROIDO 2023. ORDES DO MECO.

Estimadas familias. Como tódolos cursos, neste imos celebrar o Entroido no cole. As Ordes do Meco para a semana do do 13 ao 17 de febreiro son:

 

- Se a volta ao mundo queres dar, o pixama ao cole o luns deberás levar.

- O martes non te cases nin te embarques, pero adorna ben a cabeza para que o día ben remates.

- Se queres ser coma Magallanes e Elcano, o mércores vestirás coma na Festa de Fin de Ano.

- Con este temporal agárrate ao timón, pero non esquezas o xoves de traer o mandilón.

- Ondiñas veñen e van. Se os mares queres navegar, o venres o disfrace que deseñaches levarás.

 

Grazas pola vosa colaboración. 

ENTROIDO 2023. ORDES DO MECO.

OS NENOS E NENAS DO MAGARIÑOS GOZANDO DO RECREO

OS NENOS E NENAS DO MAGARIÑOS GOZANDO DO RECREO
Distribuir contido


by Dr. Radut