Skip to Content

 

INSTRUCIÓNS PARA REXISTRO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023

Desde o 1 ata o 21 de marzo de 2022 ábrese o prazo para a solicitude de admisión do alumnado para o curso 2022/2023.

Poderán acceder á solicitude a través do seguinte enlace.

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

As dúbidas das familia serán resoltas polos centros educativos.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de admisión de xeito manual ou a través da aplicación no menú:

Solicitudes > Admisión > Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo solicitado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

 



blog | by Dr. Radut