Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Abril 05, 2011
Start: 05/04/2011 09:15
End: 05/04/2011 19:30

O día 5, o alumnado de 5ºB poderá coñecer as Illas Cíes e poñer en práctica as nocións que puideron aprender na charla que as especialistas no Parque das Illas atlánticas impartiron no centro.

Venres Abril 08, 2011
Start: 08/04/2011 16:00
End: 08/04/2011 17:17

 O venres, día 8, pola tarde todo o alumnado do centro está invitado á representación "Historia dun chícharo" que o grupo de teatro Caracol nos ten preparado este ano e que, como en anos anteriores poñerá en escena no IES Asorey. Varios profesores sairán ás 15:30 e acompañarán ao alumnado que queira desplazarse dende o centro. Os demais poden acudir directamente ao IES.

Martes Abril 12, 2011
Start: 12/04/2011 10:00
End: 12/04/2011 11:30

O alumnado de 5º disfrutará preparando e saboreando deliciosas bebidas saudables coa colaboración do SPAD de Vilagarcía.

Start: 12/04/2011 12:15
End: 12/04/2011 13:10

Continuando coa experiencia iniciada do curso pasado, podemos disfrutar dunhas estupendas sesións de contacontos grazas a colaboración de mestres, este ano do colexio de Vilariño, que nos agasallan coa maxia das palabras. Desta volta serán os alumnos e alumnas de 1º os que van poder disfrutar destes momentos tan especiais arredor dun libro e da palabra.

Xoves Abril 14, 2011
Start: 14/04/2011 00:00
End: 14/04/2011 14:00

O vindeiro día 14 poderemos coñecer o interior da Ría de Arousa nun catamarán, grazas á xestión do Concello.

Start: 14/04/2011 18:00
End: 14/04/2011 21:00

O día 14, ás seis da tarde, temos a oportunidade de escoitar e reflexionar sobre como mellorar a comprensión lectora dos nosos alumnos con Mª José Pousa.

Martes Abril 26, 2011
Start: 26/04/2011 00:55
End: 26/04/2011 10:55

O martes día 26, o alumnado de 5ºB fará un pequeno percorrido pola vila de Cambados, para coñecer a Biblioteca Municipal, ubicada na restaurada Casa dos Fraga.

 

Xoves Abril 28, 2011
Start: 28/04/2011 00:00
End: 28/04/2011 14:00

   

Consorcio Editorial agasalla ao centro este ano cun contacontos moi especial para todo o alumnado. Mario Tomás invítanos a descubrir nos libros aventuras realmente incribles.

Venres Abril 29, 2011
Start: 29/04/2011 00:30
End: 29/04/2011 10:56

Todos os centros educativos do Concello de Cambados imos participar nunha lectura colectiva de textos de Álvaro Cunqueiro neste ano que se conmemora o 100 aniversario do seu nacemento. Vémonos no Auditorio Municipal o venres día 29.

Start: 29/04/2011 10:00
End: 29/04/2011 12:00

O día 29 o alumnado de 3º acodirá a unha charla e  unha exposición sobre o traballo das redeiras e as mariscadoras, preparándose para a saída que celebrarán para coñecer o traballo na praia, a primeiros de maio.

Start: 29/04/2011 13:30
End: 29/04/2011 14:00

O alumnado do centro está preparándose para a celebración dos maios o vindeiro día 29. Xa están moi bonitos os ovos de cores que adornarán o maio. Á volta da Semana Santa os nenos e nenas traerán fiuncho, xestas, e pampullos para faceren colares e participar arredor do maio escoitando a copla que este ano está a preparar o alumnado de sexto. Para rematar pasearemos o maio polo patio e logo volveremos á clase.

Mércores Maio 04, 2011
Start: 04/05/2011 10:30
End: 04/05/2011 13:50

O alumnado de 3º sairá da man das redeiras e mariscadoras, acompañados dos seus titores, para ver de perto o traballo destas traballadoras da nosa vila, dentro do programa ofertado por Educamar, que lle permite ao alumnado coñecer e valorar a riqueza do noso contorno e a necesidade do seu coidado. 

Distribuir contido


by Dr. Radut