Skip to Content

 

MENÚS DE NOVEMBRO

Estimadas familias, 

 

Aquí vos adxuntamos os menús do comedor do mes de novembro.

 

https://drive.google.com/drive/folders/1-r9X28ZkYnpOGWEjBF56GdtQy6yi_bjE?usp=sharing

OBRADOIRO DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL E DE XÉNERO

Esta semana houbo actividades no cole sobre concienciación e sensibilización afectivo-sexual e de xénero con Marcia Vázquez e Martín López. Participou o alumnado de 5º e 6º de Primaria.

OBRADOIRO DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL E DE XÉNERO

DÍAS NON LECTIVOS

Estimadas familas:

 

Informamos que o vindeiro xoves 12 de outubro é festivo e o 13 tampouco haberá clase xa que se escolleu como un dos días de conveniencia pedagóxica.

 

Un saúdo.

MENÚS DE OUTUBRO DO COMEDOR

Estimadas familias,

 

No seguinte enlace podedes consultar os menús do comedor do mes de outubro.

 

https://drive.google.com/drive/folders/1MmVBB0T0i7_MUSIeYrTz7y28EmH8iTNE?usp=sharing

MENÚS COMEDOR DO MES DE SETEMBRO

Estimadas familias,

No seguinte enlace poderedes ver os menús do mes de setembro.

Un saúdo

 

 

https://drive.google.com/drive/folders/1mhOfm4unetw8QcCkcHYPC3BnLgBEdIBa?usp=sharing

CURSO 2023/24

ORGANIZACIÓN INICIO CURSO 2023-24


Iniciamos o curso 2023-24 dando a benvida a todo o alumnado e ás súas familias.

O horario do día 11/09/23 será o mesmo que para o resto do curso escolar (entrada ás 9:00 e saída ás 14:00).

Como en cursos anteriores, a entrada do alumnado á primeira hora da mañá realizarase do seguinte xeito:

 

- 1º, 2º e 3º niveis accederán ao centro pola cancela que da á Avenida de Vilariño.

- 4º, 5º e 6º niveis accederán polo portal do aparcadoiro.

 

As entradas estarán sinalizadas. Chamarase por cursos e o alumnado será acompañado polos titores/as.

Unha vez no centro cada titoría daralle ao alumnado toda a información necesaria para o presente curso.

Recordamos que neste primeiro día de curso tamén entran en funcionamento os servizos complementarios (Plan Madruga e Comedor Escolar).

No arquivo anexo informamos sobre o calendario escolar 2023-24.

 

Feliz inicio de curso a toda a comunidade educativa!!!

SERVIZO COMPLEMENTARIO COMEDOR ESCOLAR

Estimadas familias,

Informamos que todo o alumnado solicitante dunha praza no comedor escolar está admitido.

LISTAXES DEFINITIVAS FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias, 

xa están dispoñibles as listaxes definitivas do fondo libros e material escolar para o curso 2023/24.

 

Podedes pasar polo centro para recoller os vales dende hoxe ata o vindeiro venres día 14 de xullo de 2023. Aqueles vales que non se entregen nestes días entregarémolos a partir do 1 de  de setembro.

Saúdos

LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS

Estimadas familias, 

 

xa están publicadas as listaxes provisionais do fondo libros. Podedes consultalas na porta principal do centro.

 

Tedes 2 días hábiles para reclamar. O venres día 7 de xullo publicaránse as definitivas.

 

Saúdos

FIN DO CURSO 22-23

O mércores, 21 de xuño despedimos o curso escolar. Fixemos un festival e aqui vos deixamos o video. Bo verán!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut