Skip to Content

 

Orientación

Visita do alumnado da EEI "A Pastora"

10/06/2011 09:30
10/06/2011 10:30
Etc/GMT+1

O vindeiro venres, día 10 de xuño, o alumnado de cinco anos da EEI "A Pastora" que fixo a reserva de praza no noso centro virá coñecer o colexio da man das súas titoras.

Charla "Os riscos de Internet e as redes sociais" no IES Ramón Cabanillas

01/06/2011 18:00
01/06/2011 19:30
Etc/GMT+1

O mércores, día 1, ás seis da tarde terá lugar a segunda sesión da Escola de Familia no IES Ramón Cabanillas. Desta volta será José Torres, membro do Equipo de Investigación Tecnolóxica da Garda Civil de Pontevedra, o conferenciante que nos falará sobre "Os riscos de Internet e as redes sociais".

Ciclo de Cine

31/03/2011 09:30
31/03/2011 11:30
Etc/GMT+1

O alumnado do 3º Ciclo disfrutará da película "Arthur y los Minimays" á que seguirá unha sesión de reflexión guiada polas especialistas do SPAD (Servizo de Prevención de Drogodependencias) de Vilagarcía

Ciclo de Cine

30/03/2011 00:30
30/03/2011 11:30
Etc/GMT+1

O alumnado do 2º Ciclo disfrutará da película "James y el melocotón gigante" á que seguirá unha sesión de reflexión guiada polas especialistas do SPAD (Servizo de Prevención de Drogodependencias) de Vilagarcía

Ciclo de Cine

29/03/2011 09:50
29/03/2011 11:30
Etc/GMT+1

O alumnado do 1º Ciclo disfrutará da película "Salvaje" á que seguirá unha sesión de reflexión guiada polas especialistas do SPAD (Servizo de Prevención de Drogodependencias) de Vilagarcía

Obradoiro "E ti que opinas?"

15/02/2011 09:00
15/02/2011 11:00
Europe/Madrid

Hoxe pola mañá estivo no centro Carme, unha das expertas do SPAD (Servizo de prevención de drogodependencias) de Vilagarcía, para facernos entender o mundo da publicidade e as súas técnicas de persuasión e tamén para falarnos de como funcionan e como funcionamos nós en grupo, que é iso da "presión de grupo" e como facerlle fronte, nas ocasións en que,  o que o grupo nos propón non é correcto, pode ser perigoso ou non nos agrada.

Charla para nais e pais: "As relacións pais-fillos ..."

12/11/2010 19:30
12/11/2010 20:30
Etc/GMT+1

O día 12, ás sete e media do serán, en Exposalnés, o psiquiatra infantil Federico Menéndez Osorio falaranos das "Relacións pais-fillos, educación autonomía, autoridade e responsabilidade".

Convocatoria de becas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

Poden descargar o seguinte impreso de solicitude e entregalo no centro unha vez cumprimentado. 

Visita do alumnado da Escola Infantil "A Pastora"

16/06/2010 10:00
16/06/2010 11:34
Europe/Madrid

O alumnado de 5 anos da EEI "A Pastora" visitará o centro acompañado das súas titoras e o orientador, o vindeiro mércores, 16 de xuño.

Visita ao IES "Ramón Cabanillas"

31/05/2010 19:30
31/05/2010 20:30
Etc/GMT+1

O vindeiro luns, 30 de maio, o alumnado de 6º de Primaria e as súas nais e pais están invitados a aistir a unha charla informativa sobre a ESO coa posterior visita ás instalacións do IES "Ramón Cabanillas".

Distribuir contido


by Dr. Radut