Skip to Content

 

blogue deadmin

Por fin no patio

Hoxe, despois dunha longa espera, puidemos volver utilizar o patio dos maiores e atopámonos co patio cuberto practicamente rematado. Quedou moi bonito e luminoso. Aínda ten moito po, pero van limpalo en breve. Quedan uns pequenos detalles a mellorar que se farán probablemente na Semana Santa, pero xa podemos utilizalo.

A partir de mañá as estradas e saídas dos niveis de 4º, 5º e 6º serán polo patio dos maiores. Recuperamos tamén o recreo neste patio seguido do Plan Lector. Canto o botamos de menos! E, por fin, despois de tanto tempo, poderemos realizar outra vez as actividades de Educación Física no patio.

Festival de Nadal

Profesorado do centro no curso 2014/15

Avaliacións e entrega de notas

T

O patio, a Educación Física e as obras no colexio Magariños

 Ante o comunicado que se publicou no portal da Consellería de Educación o día 23 de setembro de 2014, o Equipo Directivo do CEP A. Magariños xunto con todo o profesorado do centro acorda realizar as seguintes declaracións:

Inicio de clase

O inicio de clases será o día 10 de setembro de 10 a 12. O día 11 xa teremos horario de 9 a 14 h.

Dado que xa se iniciaron as obras no patio dos maiores a entrada ao centro de todo o alumnado será polo patio dos pequenos.

Solicitude de admisión. Anexo II

Se vostede precisa solicitar praza no centro debe entregar o Anexo II da Orde de 12 de marzo de 2013 de admisión do alumnado e presentalo na Secretaría do centro xunto co certificado de empadroamento.

ANPA: Devolución do importe da excursión á Illa de Ons

O xoves, 3 de xullo, de 20 a 21 h. a directiva da ANPA procederá á devolución do importe da excursión á Illa de Ons ao non poder efectuarse polo mal tempo. Deben acceder ao centro pola porta de entrada ao comedor escolar sita na Rúa Pordo Bazán.

Neira Vilas no colexio

O ilustre escritor galego, Xosé Neira Vilas, estivo onte no colexio acompañado do cantautor Manoele de Felisa, que pon música e voz a algúns dos seus máis profundos poemas: Balbino soñador, tres volvoretas, a avoa Maripepa ... Foi unha vivencia irrepetible que recordaremos con agariamo. 

Xornada de Folga docente en contra da LOMCE

Estimadas nais/pais/titores:
A dirección do Centro infórmalles que mañá xoves 24, xornada de Folga do Ensino

Distribuir contido


by Dr. Radut