Skip to Content

 

23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

O alumnado do Magariños conmemorou o día de Rosalía de Castro cuns cantares á autora ben bonitos. Podedes ver aquí como entoaron as cancións os diferentes cursos. Agardamos que o desfrutedes.

AGRADECEMENTOS ÁS FAMILIAS E A ANPA

Desde o CEP Antonio Magariños Pastoriza queremos agradecer a participación e esforzo de tódalas familias para que os nenos e nenas paticipasen no Entroido do curso 2021/2022.

A festividade foi todo un éxito, así como a chocolatada con churros que a ANPA organizou para o alumnado. Todo o persoal docente do Magariños quere agradecer esta colaboración, xa que a rapazada o desfutou moito.

Nos próximos días procederemos á publicación dos vídeos do Día de Rosalía e tamén do festival de Entroido.

 

Felices festas!!!

25 DE FEBREIRO - O ENTROIDO

Estimadas familias,

 

O vindeiro 25 de febreiro a ANPA convidará aos nenos e nenas a un chocolate con churros no patio do recreo con motivo do Entroido. Desde o centro queremos agradecerlles a súa colaboración.

Así mesmo, recordamos que os días 28 de febreiro e o 1 e 2 de marzo non haberá clase. Así é que as clases comezarán o 3 de marzo (xoves)

 

Feliz entroido!

INSTRUCIÓNS PARA REXISTRO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023

Desde o 1 ata o 21 de marzo de 2022 ábrese o prazo para a solicitude de admisión do alumnado para o curso 2022/2023.

Poderán acceder á solicitude a través do seguinte enlace.

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

As dúbidas das familia serán resoltas polos centros educativos.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de admisión de xeito manual ou a través da aplicación no menú:

Solicitudes > Admisión > Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo solicitado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

 

ADMISIÓN DO ALUMNADO DA EEI DA PASTORA

Todo o alumnado procedente da EEI da Pastora que solicitou reserva de praza para o vindeiro curso 2022/2023 foi admitido. Poden consultar a listaxe do alumnado na porta do colexio CEP Antonio Magariños Pastoriza.

GUÍA DE ACTUACIÓN ANTE OS NOVOS CASOS COVID (NOVAS MEDIDAS)

Estimadas familias,

 

Presentámoslle a nova normativa de actuación ante os casos COVID. Poden consultar a información premendo no seguinte enlace.

https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov/documentos/Adaptacion_Guia_Centros_Educativos.pdf

RESERVA DE PRAZA CURSO 2024/2025

INSTRUCCIÓNS PARA A RESERVA DE PLAZA PARA O CURSO 2024/2025

1. A FAMILIA DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA MATRICULADO NO C.E.P. ANTONIO MAGARIÑOS DEBERÁ RESERVAR A PRAZA PARA O IES ADSCRITO Ó NOSO COLEXIO (IES RAMÓN CABANILLAS) DO SEGUINTE XEITO:

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (pedindo a solicitude no colexio ou descargala eiquí) ou a través da aplicación informática: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 Solicitudes > Reserva > Crear 

 

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe (CEP Antonio Magariños) ou a través da SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.

O alumnado que se matricule nun centro diferente ó IES Ramón Cabanillas terá outro prazo para a presentación da solicitude correspondente.

 

2. A FAMILIA DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL MATRICULADO en 6º de E.Infantil NA EEI A PASTORA durante este curso 2023/2024 e quere reservar praza no CEP ANTONIO MAGARIÑOS PASTORIZA para o vindeiro curso DEBERÁ RESERVAR A PRAZA na propia Escola de Educación Infantil cubrindo o mesmo impreso

 

 O prazo de presentación de solicitudes será dende o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro (ámbolos dous incluídos).

Fondo de libros e Axudas libros 2024-25

Documentación que se debe presentar para participar no Fondo solidario de libros de texto, axudas para adquirir libro e texto e material escolar.

 

PROCEDEMENTO ED330B DA WWW. SEDE/XUNTA.ES

DOCUMENTACIÓN QUE OBRIGATORIAMENTE SE DEBERÁ PRESENTAR COA SOLICITUDE:

□   Copia do libro de familia no que figuren os membros computables da unidade familiar.

           □  Se falta este, ou se a situación cambiou no 31 de decembro de 2023, o número de membros acreditarase mediante:

o   Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

o   Certificado ou volante de convivencia

o   Informe de servicios sociais ou órgano do concello onde se reside.

□   Documentación acreditativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

□   Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

CONSULTARANSE TELEMÁTICAMENTE OS SEGUINTES DATOS (en caso de non autorizar, deberase marcar e entregar fisicamente no centro, tanto orixinal como copia.)

□   Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante

□   Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, na súa falta, do certificado tributario de imputación dos membros computables

da familiar distinto da persoa solicitante do ano 2023.

□   Discapacidade dalgún menbro da unidade familiar, incluído o alumno e a persoa solicitante en 31 de decembro de 2023, acreditarase a través de:

o   Discapacidade igual ou superior ao 33%: o certificado do grado de discapacidade.

o   Discapacidade gual ao 33%: Recoñecemento do Instituto Nacional da Seguridade Social de recoñecemento da discapacidade ou

resolución de recoñecemento da pensión

 

     O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

     ESTÁ ABERTO  ATA O 30 DE XUÑO.

          Os que desexen realizar empregando o impreso poden vir recollelo no centro.

Protocolos Covid da nosa escola.

Estimadas familias. 

Premendo no seguinte enlace poden atopar os diferentes protocolos COVID do noso centro. 

 Un saúdo. 

Distribuir contido


by Dr. Radut