Skip to Content

 

Novas

Inauguración do comedor escolar

26/03/2012 14:00
26/03/2012 16:00
Etc/GMT+1

O día 26 de marzo empezará a funcionar o comedor escolar no colexio, comedor que acollerá aos neos/as inscritos dende as dúas ás catro da tarde. O prezo do menú é de 4,80€ por día e neno/a (no caso dos socios da ANPA). A data máxima para solicitar a alta como socio da ANPA é o 15 de abril. 

Carta ás familias

 Reunidos os equipos directivos dos centros de ensino infantil e primaria  de Cambados en representación do profesorado da ensinanza pública do Concello queremos realizar as seguintes aclaracións en relación ao traballo dos mestres:

 

Blog para as nais e pais de Terceiro curso

As nais e pais de terceiro poden visitar o Blog que aparece de seguida para coñecer a diario o que están traballando os seus fillos na aula e como axudarlles dende a casa. Parabéns: Blog para as nais e pais de terceiro 

Reunión Xeral para nais e pais

04/10/2011 17:00
04/10/2011 17:30
Europe/Madrid

O martes, día 4 de outubro,ás 5:00h , na Aula de Usos Múltiples a imos ter a Reunión Xeral coas nais e pais do alumnado do Centro na que se presentará a todo o profesorado e se dará información de carácter xeral sobre o Colexio e o seu funcionamento no presente ano académico.

Charla "Os riscos de Internet e as redes sociais" no IES Ramón Cabanillas

01/06/2011 18:00
01/06/2011 19:30
Etc/GMT+1

O mércores, día 1, ás seis da tarde terá lugar a segunda sesión da Escola de Familia no IES Ramón Cabanillas. Desta volta será José Torres, membro do Equipo de Investigación Tecnolóxica da Garda Civil de Pontevedra, o conferenciante que nos falará sobre "Os riscos de Internet e as redes sociais".

Visita ao IES Ramón Cabanillas

06/06/2011 20:00
06/06/2011 21:27
Etc/GMT+1

O alumnado de 6º e as súas familias teñen unha cita o luns, seis de xuño, no IES Ramón Cabanillas. Alí o Equipo directivo xunto coa orientadora do IES falaranlles da nova etapa educativa e os cambios que conleva así como a normativa básica que se ha de cumplir no IES

Charla para nais e pais: "As relacións pais-fillos ..."

12/11/2010 19:30
12/11/2010 20:30
Etc/GMT+1

O día 12, ás sete e media do serán, en Exposalnés, o psiquiatra infantil Federico Menéndez Osorio falaranos das "Relacións pais-fillos, educación autonomía, autoridade e responsabilidade".

Reunión xeral para nais e pais

05/10/2010 17:00
05/10/2010 18:00
Europe/Madrid

Hoxe martes, 5 de outubro, vai ter lugar a primeira reunión xeral para nais e pais, reunión na que se presentará a todo o profesorado  e na que se informará de aspectos relevantes relacionados co centro escolar e coa educación dos nenos e nenas de Primaria.

Visita a unha goleta

08/10/2010 00:10
08/10/2010 13:45
Europe/Madrid

O alumnado de 2º Nivel acudirá, cos seus titoras e Protección Civil, o vindeiro venres día 8 de outubro, ao peirao de Tragove para visitar unha goleta dentro do programa "Educa e navega" organizado pola Mancomunidade do Salnés.

Excursión ANPA a Marcelle

08/05/2010 09:00
08/05/2010 20:30
Etc/GMT+1

O alumnado de 1º, 2º e 3º pertencente á ANPA disfrutará o sábado dunha excursión ao Parque Natural de Marcelle, na provincia de Lugo

Distribuir contido


by Dr. Radut