OBRADOIRO DE XADREZ

Durante este curso 2023-24, botamos a andar a actividade Obradoiro de Xadrez co alumnado de Educación Primaria. Con esta actividade queremos fomentar o desenvolvemento do pensamento lóxico-abstracto e a mellora da resolución de problemas a través de formación lúdica. No mes de xuño, organizarase un pequeno torneo de fin de curso.

Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade.

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER · 2024

Durante esta semana, realizáronse no centro diversas actividades de celebración do Día Internacional da Muller 2024 para destacar a importancia da muller na sociedade e reivindicar unha igualdade real e de oportunidades entre homes e mulleres.

Clica no vídeo para ver o resumo das actividades.

CONTACONTOS PEQUES E HEROAS

O mércores 6 de marzo, o alumnado de Educación Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria participou na actividade Peques e Heroas, na que Manuela Varela, actriz e narradora, veunos contar os contos “Daniela a pirata” e “Xan e as unllas de cores” a través dos que fixemos unha reflexión sobre os roles de xénero, os estereotipos, o respecto e a igualdade.

Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade.

OBRADOIRO DE PINTURA LÚDICA

O mércores 28 de febreiro, o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria participaron no Obradoiro de Pintura Lúdica realizado pola Asociación Ámbar.

https://asociacionambar.org

Clica no vídeo para ver o resumo da actividade

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO · 2024

Durante esta semana realizamos diversas actividades para dar a coñecer a importancia da figura de Rosalía de Castro e a súa obra, e homenaxeala no seu día.

O venres, 23 de febreiro celebramos un acto conxunto na biblioteca do centro con unha mostra de actividades literarias, plásticas e musicais realizadas polo alumnado inspiradas nas súas obras.

Clica no vídeo para ver o resumo da actividade

MOSTRA DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS

O xoves 22 de febreiro, o alumnado de Educación Infantil e Primaria escoitamos a Xosé Piñeiro que é un recoñecido artesán de instrumentos tradicionais galegos da nosa zona. 

Xosé falounos do proceso de elaboración e das características dos instrumentos tradicionais con interpretacións musicais adecuadas. Polas súas mans foron pasando diversos tipos de gaitas galegas, frautas, tarrañolas, zanfonas... que deleitaron os nosos oídos.

Grazas Xosé

Clica na imaxe para acceder ao álbum de imaxes da actividade  

PLANTACIÓN DE HORTENSIAS NO PATIO ESCOLAR

O mércores 21 de febreiro, o alumnado de Educación Infantil e Primaria realizou unha plantación de hortensias no patio escolar. Con esta actividade queremos poñer en valor a beleza natural do noso lugar de recreo, e desenvolver accións que contribúan ao seu embelecemento, coidado e respecto entre todos os membros da comunidade educativa.

Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade

 

OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS

O martes 20 de febreiro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participa no Obradoiro sobre Habilidades Sociais impartido pola educadora social Alba Pérez de Exeria Proxectos, e que se extenderá por tres sesións: educación emocional, resolución de conflitos e prevención do acoso escolar.

Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade

CHARLA-OBRADOIRO DE NUTRICIÓN

Os venres 19 de xaneiro e 16 de febreiro, o alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria realizamos un Obradoiro de Nutrición impartido por Goretti Tuñas do Equipo de nutricionistas Sana el hoy, vive el mañana que nos ensinou sobre a importancia de comer saudablemente para o noso corpo e mente.

Clica na foto para acceder ao álbum de imaxes da actividade

ENTROIDO 2024

Durante esta semana, realizamos diversas actividades para celebrar o Entroido 2024.

O venres 9 de febreiro, celebramos o Festival de Entroido con desfiles e bailes preparados para cada nivel educativo e baile común.

Clica nos vídeos para ver o resumo das actividades.

 

Distribuir contido