Localización

CENTRO: Localización

O Colexio de Educación Infantil e Primaria de Xuño (CEIP Xuño) está na parroquia de Xuño, atravesada pola estrada C-550, de Noia a Ribeira, a nove quilómetros de Ribeira e dez de Porto do Son e collendo cara a praia de As Furnas.

O medio rural e físico no que está situado o noso centro, favorece o desenvolvemento de actividades de observación e traballo práctico cos alumnos, permitindo aproveitar o valor didáctico que teñen as praias, cantís, lagoas (como a de Xuño e a de San Pedro de Muro, que forman parte da Rede Natura 2000 e do Complexo dunar de Corrubedo), montes, ríos (río Sieira), restos históricos e prehistóricos (Castro de Baroña, petroglifos, etc.)


Visualizar o mapa ampliado

 

XEOLOCALIZACIÓN

[Graos decimais WGS84 (GPS)]

Estas coordenadas son referidas á zona 29: x 42.638462     y -9.032998

 

Máis información neste enlace á Wikipedia (Galipedia): https://gl.wikipedia.org/wiki/Xuño,_Porto_do_Son

Distribuir contido