SAÍDAS

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO 6º EP: PARQUE NATURAL FRAGAS DO EUME

O 17 e 18 de xuño, o alumnado de 6º de Educación Primaria saíu de excusión de fin de etapa ao Parque Natural das Fragas do Eume (reserva protexida de bosque atlántico situada preto de Pontedeume).

Durante estes dous días conviviron cun grupo da mesma idade dun colexio de Mugardos no Albergue Alvarella, onde realizaron diversas actividades de coñecemento e protección do medio natural; e outras máis lúdicas de socialización e disfrute da natureza. 

O martes 18 de tarde, realizou unha visita guiada polo Museo de Historia Natural de Ferrol.

 

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO DE 3º e 4º EP: MUSEO DE PONTEVEDRA

O venres 14 de xuño, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria saíu de excursión de fin de curso á vila de Pontevedra onde realizaron as seguintes actividades: visita guiada ao Museo de Pontevedra, ruta guiada polo casco histórico e xantar no Lago Castiñeiras (Vilaboa-Pontevedra). 

SAÍDA DIDÁCTICA: CASCO HISTÓRICO DE NOIA

O mércores 29 de maio, o alumnado de 5º e 6º de EP realizou unha visita didáctica ao casco histórico de Noia acompañados polo artista local Serafín Marcos.

SAÍDA DIDÁCTICA: ASTELEIROS TRIÑANES

O mércores 8 de maio, o alumnado de 1º e 2º de Primaria viaxamos a Cabo de Cruz para visitarmos os Asteleiros Triñanes.

Tamén estivemos no centro sociocultural desta localidade para visitar unha exposición sobre o antigo Exipto.

SAÍDA DIDÁCTICA: MUSEO VALLE INCLÁN

O venres 5 de abril, o alumnado de 6º EP realizou unha visita guiada polo Museo Valle Inclán na Pobra do Caramiñal.

 

SAÍDA DIDÁCTICA: AUDITORIO DE GALICIA e CIDADE DA CULTURA

O xoves 28 e o venres 29 de marzo, o alumnado de 1º a 4º de EP asistiu ao concerto Mini-Mozart no Auditorio de Galicia. Seguidamente, visitaron ás instalacións da Cidade da Cultura.

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR 1º e 2º EP: CHARLA DUN APICULTOR NO CENTRO e VISITA A APÍCOLIS (Xeves, Pontevedra)

Dentro do proxecto educativo desenvolvido polo alumnado de 1º e 2º de EP sobre a vida das abellas, contamos coa presenza dun apicultor no centro e visitamos APÍPOLIS en Xeves (Pontevedra) onde realizamos diversos obradoiros.

EDUCACIÓN AMBIENTAL: PLANTACIÓN DE ÁRBORES AUTÓCTONAS

A proposta da Comunidade de Montes de Xuño, o 22 de febreiro de 2019 todo o alumnado do centro participou nunha actividade de educación ambiental de plantación de árbores autóctonas no Monte do Alto da Escola.

 

SAÍDA DIDÁCTICA: MUPEGA

O 15 de febreiro de 2019 o alumnado de 3º e 4º de EP. Visitou as instalacións do Museo Pedagóxico Galego para coñeceren a historia da escola en Galicia.

 

 

SAÍDA DIDÁCTICA: EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA E PARLAMENTO DE GALICIA

O 20 de febreiro de 2019 o alumnado de 5º e 6º de EP realizou unha saída didáctica guiada polo Edificio Administrativo da Xunta e o Parlamento de Galicia para aprender sobre a súa historia e funcionamento.

Grazas ao persoal que nos acolleu.

Distribuir contido